Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O servizo de limpeza do concello de Santiago retira tódolos cartaces informativos sobre a proposta de Bugallo de adicar unha rúa a Manuel Fraga

Written By Virgulino on 18/10/06 | 13:21

Os operarios do servizo de limpeza do concello de Santiago retiraron tódolos cartaces informativos colocados nos balados das obras de demáis Mupis da cidade compostelá, atendendo á normativa local de publiciade estática.

O MpDC colocou na tarde de onte cartaces para informar sobre a proposta de Bugallo de adicar unha rúa a o ex presidente da Xunta de Galiza Manuel Fraga. Para evitar precisamente isto que pasou, esta asociación pegou tódolos panfletos nos lugares apropiados e adicados exclusivamente a iso.

Pero na madrugada de hoxe, os operarios, teledirixidos pola alcaldía compostelá, retiraron un a un os colocados no centro da cidade. Dende o MpDC consideramos inaceptabel que sexa o propio concello de Santiago o que incumpla unha ordenanza aprobada por eles mesmos durante a última lexislatura.

Pero a cousa non quedou aí, esta mañá membros do MpDC volveron a colocar máis cartaces na cidade compostelá sendo, de novo, retirados horas máis tardes. Esto responde a unha clara orde dende as dependencias de Sánchez Bugallo para que a iniciativa comezada por esta asociación non leve a cabo.

O MpDC anuncia, a través deste comunicado, que por máis que tenten disuadir a iniciativa desta asociación por parte da alcaldía compostelá, non o van conseguir. Por outro lado, tamén pediremos explicacións ao concello pola retirada destes cartaces que non incumplían ningunha norma nin lei vixente e estaban adecuados á normativa municipal de publicidade estática.

Por outra banda, centrándonos na campaña para evitar que Bugallo adique unha rúa a Manuel Fraga, na tarde de onte a páxina web do MpDC ,onde os cidadáns poden cubrir un formulario para entregar no concello e mostrar a súa disconformidade, estivo colapsada de 15.00 a 21.00 horas, o que da mostra do apoio social desta iniciativa e a repulsa a que o ex ministro franquista conte cunha rúa en Compostela.

Para este colectivo, é inaceptabel que se lle adique unha rúa a unha persoa que tanto dano fixo aos Dereitos das persoas, sendo ministro franquista e cometendo multitude de delitos terroristas. Ademáis, a sociedade galega tamén recorda a súa xestión durante a maior crise da era moderna de Galiza, como foi a do Prestige.

Existe ademais unha longa lista de comentarios e discursos pronunciados polo Sr. Fraga que ilustran vivamente a súa mentalidade e traxectoria, así como tamén a visión tan peculiar que ten do noso país. Pódese citar como exemplo, o Sr. Fraga Iribarne foi responsable da Condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe "El pensamiento político de Castelao" e nunha contestación ao editor J.B Cendrós afirmou:

"cataluña foi ocupada por Felipe IV, foi ocupada por Felipe V, que a venceu, foi bombardeada polo Xeneral Espartero, que era un xeneral revolucionario, e ocupamola en 1939 e estamos dipostos a volvela ocupar tantas veces como sexa necesario e para iso estou disposto a coller de novo o fusil. Por consiguente, xa saben vostedes a que atenerse, e aquí teño o mosquete para volvelo a utilizar".

Por todos estos motivos, o MpDC considera inaceptabel que se plantexe, por parte do alcalde Sánchez Bugallo, adicar unha rúa a Manuel Fraga. De continuar con esta iniciativa, esta asociación seguirá coa recollida de firmas e non descarta futuras concentracións para mostrar a repulsa social contra actos deste tipo.

0 comentarios:

Publicar un comentario