Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC celebra que se vaia a debatir no Congreso o cese de Enrique Múgica como Defensor del Pueblo

Written By Virgulino on 18/10/06 | 12:26

O MpDC celebra hoxe unha noticia recollida nos medios de que o Congreso dos Diputados vai debatir o cese de Enrique Múgica como Defensor del Pueblo.
Este feito producirase, en contra do PP, despois dunha iniciativa parlamentaria de Izquierda Unida debido a o recurso de inconstitucionalidad presentado por Múgica contra o Estatut de Cataluña.

O MpDC considera positivo o cese desta persoa do seu cargo porque a diario incumple coa súa función de velar polos intereses dos cidadáns, ocupándose de aspectos que non son da súa competencia, como é o caso do Estatuto de Cataluña.
Dende esta asociación, xa se ten feito eco sobre a mala xestión do Defensor del Pueblo por parte de Múgica, polo que se congratula de que o Congreso vaia a debatir esta cuestión, se ben se mostra algo disconforme co feito de que se faga exclusivamente polo referente ao Estatuto de Cataluña e non pola súa constante inoperancia e ineficacia, unidas a un gran descoñecemento da súa labor.
A pesar disto, o MpDC mostrará o seu apoio a unha futura destitución de Enrique Múgica do seu cargo, o que podería posibilitar un xiro rotundo no funcionamento do Defensor del Pueblo, tan desprestixiada na actualidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario