Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello e Santiago afirma ao Defensor del Pueblo que non existe ningún expediente no que se prevexa dedicar o nome dunha rúa a Manuel Fraga

Written By Virgulino on 10/10/06 | 13:34

Mesmo así, o MpDC anuncia mobilizacións e recollidas de sinaturas no caso de que o Concello de Santiago decida propoñer que se adique o nome dunha rúa a Manuel Fraga, ex presidente da Xunta de Galicia .

Ante a posibilidade de que o Concello decida realizar esa proposta, o MpDC anuncia que voltará a convocar mobilizacións e recollidas masivas de firmas para evitar o que consideramos un feito indignante e inconcebibel, atendendo ao seu pasado de ministro franquista, ademáis da súa nefasta xestión durante a crise do Prestige.

Ademáis, o Movemento considera que para conceder o honor de por o nome dunha persoa a unha rúa, os méritos da mesma teñen que ser indiscutibeis, e contar co apoio unánime de toda a cidadanía, xa que non pode facerse de costas e enfrontándose a unha grande parte dos vecinos e veciñas do Concello.

Xa no pasado mes de maio, o MpDC instalara dous días unha mesa para recoller firmas na praza do Toural en contra de porlle unha rúa ao ex ministro franquista. A iniciativa desa entidade remitironse á entidade santiaguesa máis de 2.000 correos electrónicos de cidadáns disconformes con esta proposta, incluso concelleiros do PSdeG e máis de 500 cartas.

Non parece de recibo que se esta proposta foi claramente rechazada pola cidadanía fai menos de un ano, se tente retomar agora por parte do concello de Santiago. No escrito remitido ao MpDC por parte do alcalde, Sánchez Bugallo, sinalábase que a posición institucional deste concello sobre a figura de Manuel Fraga “é sobradamente coñecida pois foi galardonado polas corporacións constitucionais coa Medalla de Ouro da cidade e o título de Fillo predilecto”.

Por todos estes motivos, o MpDC anuncia que voltará á recollida de firmas, correos e envío de solicitudes masivas ao concello de Santiago para que non se lle poña o nome de Manuel Fraga a unha rúa, ignorando moitos dos seus graves delitos no pasado que tanto lle costaron a Galiza e aos galegos.

0 comentarios:

Publicar un comentario