Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC considera desproporcionada a pena para o detido nas protestas contra a bandeira española instalada na cidade da Coruña

Written By Virgulino on 9/10/06 | 13:04

O Movemento polos Dereitos Civís considera desproporcionada a pena para o detido nas protestas contra a bandeira española instalada nas inmediacións da Torre de Hércules na cidade da Coruña. O fiscal esixe 18 meses de cadea para o imputado e unha multa de 560 euros.

O militante independista, J.B.F, participou nos actos de protesta contra a izada da bandeira española, que tiveron lugar na praza de Pontevedra no mes de outubro do ano pasado. Durante a manifestación, as forzas policiais cargaron en varias ocasións contra as persoas que protestaban na rúa.

Ademáis do MpDC, outros colectivos do noso país, como o Movemento Independentista Galego, consideran desproporcionada esta petición e cren que a mesma responde a unha estratexia de criminalización.

0 comentarios:

Publicar un comentario