Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC interesarase polo feito de que a Comisaría da Policía Nacional de Santiago non quixera recoller unha denuncia por comportamento homófobo

Written By Virgulino on 21/8/06 | 16:49

Remitirá un escrito ao Xefe da Policía Nacional en Galiza e aproveitará a reunión que ten previsto con este a mediados de setembro, para interesarse polos motivos polo que non se quixo recoller a denuncia que testemuñas de un agresión homófoba quixeron presentar na mencionada Comisaría. Ademáis preguntará pola situación da funcionaria de Atención ao Cidadán que foi proposta para outro posto despois dunha queixa formulada polo MpDC de actitude homófoba.

O Movemento polos Dereitos Civís considera sorpreendente a actuación da Policía Nacional ao non querer recoller a denuncia que varios cidadáns quixeron presentar na Comisaría de Compostela por teren presenciado unha agresión. Non parece xustificada que se lle pregunte ás persoas interesadas en denunciar que para que o queren facer. Tamén resulta impactante a pronta posta en liberdade dos detidos cando noutras situacións moito menos violentas, como na protesta que houbo no Galiemprego no ano 2005, se detivera unha persoa durante cerca de 10 horas. A todo iso hai que sumarlle o feito de que o anterior Comisario propuxera o traslado de funcións dunha axente trás unha queixa de actitude homófoba.

Desde o MpDC non queremos tachar de discriminatorio a actuación da Policía Nacional pero consideramos que é necesario que fagan un analise profundo da súa forma de actuar e busque que esa sexa igualitaría e equitativa.

0 comentarios:

Publicar un comentario