Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O "Defensor del Pueblo" admite unha queixa contra o Concello de Padrón por limitar o uso das Instalacións Municipais.

Written By Virgulino on 21/8/06 | 12:19

A Queixa presentouse ante a reiteradas denuncias de organizacións políticas da localidade nas que se afirmaba que non se lles autorizaba a utilización de dependencias municipais para diferente tipos de actividades.

O Movemento polos Dereitos Civís presentou o pasado día 7 de abril unha queixa contra o Concello de Padrón por limitar a organizacións políticas da oposición, a utilización de locais e dependencias municipais para a realización de reunións cós veciños e asociacións. Segundo o MpDC esa actitude vulnera o Real Decreto 2568/86 que establece no seu artigo 28 que os grupo políticos poderán facer uso de locais da Corporación para celebrar reunións e sesións de traballo.

Por ese motivo a asociación solicitou do "Defensor del Publo" que se dirixa ao alcalde de Padrón e lle lembre o seu deber de cumplir coa legalidade vixente e regule a utilización das dependencias municipais evitando discriminacións. Peticións que veñen de ser aceptadas.

0 comentarios:

Publicar un comentario