Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC reunirase co grupo parlamentario do BNG para presentarlle o proxecto de lei de acceso á información

Written By Virgulino on 22/6/06 | 16:05

O Movemento polos Dereitos Civís, asociación galega e sen fin de lucro tenta que se garantan desde as distintas administracións públicas os dereitos dos cidadáns y cidadás, denunciando ante quen corresponda as irregularidades percibidas e axudando a tramitar as queixas recibidas. Dentro desta tarefa, o MpDC acaba de rematar un proxecto de lei sobre o Acceso á Información en Poder das Administracións, proxecto que agora está apresentando aos diferentes grupos parlamentarios galegos para solicitar o seu apoio para a súa aprobación na cámara galega. De conseguir levar adiante o proxecto, o galego sería o primeiro parlamento do Estado Español en aprobar unha lei semellante. Lei que viría a extender a toda clase de información, o que hoxe xa se recoñece como dereito en determinadas materias como é o caso da información medioambiental.

Así pois, dentro destas roldas de apresentación da devandita lei sobre o acceso á información, o MpDC reuniráse mañá ás 13:00 h no Parlamento de Galiza co Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego e nesta xuntanza explicarémoslle os contidos máis salientábeis desta iniciativa. Por suposto a idea fundamental é a de tentar garantir que os cidadáns e cidadás galegas podan acceder, tanto individual como colectivamente a toda clase de información e expedientes en poder da Administración, sempre salvagardando o dereito á intimidade, a averiguación de delictos e as medidas de seguridade.

0 comentarios:

Publicar un comentario