Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Xulgado do Contencioso Administrativo reclámalle ao concello de Santiago a petición do MpDC do expediente sobre as cámaras de videovixiancia

Written By Virgulino on 22/6/06 | 16:07

O MpDC ten presentado un contencioso contra o Concello de Santiago de Compostela polo retirada das cámaras de videovixiancia da Zona Vella. Por este motivo, solicitouse ante o Xulgado que leva o asunto, que o Concelleiro de Seguridade Cidadá, responsábel das mesmas, remitise os expedientes nos que contemplen todas as actuacións relacionadadas coas video cámaras.

Sen embargo, o Sr. Vaqueiro fixo caso omiso da primeira petición e agora o Xulgado do Contencioso Administrativo, advirtelle ao Concello que de non enviar o expediente solicitado no prazo de 10 días, imporáselle unha multa de entre 300,50 e 1202,02 euros á autoridade ou funcionario responsábel do reiterado incumprimento.

O Movemento polos Dereitos Civís leva tempo xa denunciando as irregularidades percibidas no emprego das cámaras de videovixiancia compostelanas, e defendendo a súa retirada dada a nula utilidade que veñen demostrando na consecución dos fins que o Concello di perseguir, téndose amosado en cambio que son unha clara intromisión no dereito á intimidade e á propia imaxe. É máis, se a instalación deste sistema de vixiancia está totalmente en regra, non entendemos a negativa do Concello a entregar o expediente solicitado e os permisos correspondentes, ao Xulgado do Contencioso-Administrativo.

0 comentarios:

Publicar un comentario