Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Xulgado do contencioso admite denuncia contra as cámaras de videovixilancia

Written By Virgulino on 3/5/06 | 13:06


O xulgado do contencioso administrativo número un de Santiago de Compostela tivo por interposto recurso contra a inadmisión, por silencio de petición, para a retirada de cámaras de videovixilancia na zona vella de Santiago de Compostela.

O Movemento polos Dereitos Civís, tal e como xa anunciara, presentou recurso pola vía contencioso-administrativa para que se retirara as cámaras de videovixilanica instaladas en Santiago de Compostela. O recurso, que foi admitido, está fundamentado na falta de contestación por parte do Concello de Compostela ás peticións que xa formulara en repetidas ocasións o MpDC e tras tres anos de xestións perante o Valedor do Pobo, o Defensor do Pobo, a Comisión de Garantías de Videovixilancia, a Fiscalía e a Delegación do Goberno.

Durante o periódo transcurrido o Concello de Santiago deu contestacións diferentes a distintas autoridades en relación có funcionamento das cámaras, non respondeu a peticións formuladas no dereito de petición, tivo que suspender o funcionamento das cámaras por falta de permisos e non contestou a solicitudes de acceso ás imaxes gravadas polas mesmas.

Como colofón cabe destacar que despois destes tres anos ninguna das autoridades, administración ou institucións involucradas facilitaron os permisos requiridos polo MpDC. Resulta tan grave esa situación de oscurantismo que nin o mesmo Defensor del Pueblo facilitou copia do expediente Q0215191 aberto polo MpDC e referido as cámaras de Santiago. Isto fai que o MpDC se encontre nunha situación absolutamente irracional e que amosa as eivas deste Estado de Dereito e é que terá que presentar unha denuncia contra o Defensor del Pueblo por non facilitar o acceso aos seus expediente, incumplindo a normativa vixente.

1 comentarios:

lennyerickson1643692645 dijo...

Get any Desired College Degree, In less then 2 weeks.

Call this number now 24 hours a day 7 days a week (413) 208-3069

Get these Degrees NOW!!!

"BA", "BSc", "MA", "MSc", "MBA", "PHD",

Get everything within 2 weeks.
100% verifiable, this is a real deal

Act now you owe it to your future.

(413) 208-3069 call now 24 hours a day, 7 days a week.

Publicar un comentario