Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

BRUTAL CARGA POLICIAL EN PLENO CENTRO DE VIGO

Written By Virgulino on 8/5/06 | 15:52


O Movemento polos Dereitos Civís denuncia e condena a brutal, desproporcionada e indiscriminada carga acometida hoxe en pleno centro da cidade olívia polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado coa intención de neutralizar aos traballadores do metal que estaban exercendo o seu dereito á folga.

Esta mañá organizábanse en Vigo diferentes piquetes informativos dentro das diferentes mobilizacións organizadas con motivo da renovación do convenio do metal. Estos piquetes discurrían pacíficamente polo centro da cidade, rodeados en todo momento pola policía antidisturbios e numerosas grilleiras. A primeira hora houbo un primeiro intento de carga sen mediar provocación, pero que ante a falta de reacción das persoas que conformaban o piquete foi abortado. Sen embargo horas despois, e sen que existise ningún cambio na actitude dos manifestantes a policía cargou con total virulencia, golpeando brutalmente aos integrantes do piquete, pero tamén a diferentes transeúntes que nada tiñan que ver coa mobilización. A policía neste caso adicouse a dar malleiras indiscriminadas e desproporcionadas a mozos e vellos, sen facer caso de se existía ou non resistencia. Temos tamén coñecemento de que un home foi arrastrado por unha das grilleiras da policía que rodeaba aos manifestantes.

Grazas á carga policial o piquete foi fraccionado en pequenos grupos de persoas que agora mesmo seguen a fuxir da policía polas rúas do centro de Vigo e polo Mote do Castro. A actuación policial convertía a cidade nunha batalla campal na que eran represaliados non só os membros do piquete, senón calque persoa que circulara pola rúa, conseguindo así que numerosos veciños estén atrapados nos seus domicilios polo medo a saír á rúa.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís condeamos o sucedido hoxe en Vigo, entendemos que a policía e o goberno non pode cargar e apalear aos integrantes dun piquete pacífico, non pode utilizar a violencia como resposta ao exercizo lexítimo dos dereitos dos traballadores, e solidarizámonos cos traballadores do metal e con todos aqueles represaliados alleos ás mobilizacións que tamén viron vulnerados os seus dereitos fundamentais.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

o meu fillo tamen chegou indigando e con un brazo mancado.
e un rapaz tranquilo que defende os seus direitos.
o que pasou oxe en Vigo e unha falta moi grave contra os dereitos das persoas a manifestarse libremente.

Publicar un comentario