GaZétao

26/12/05

O Concello de O Grove xa non presentará Ordenanza contra a mendicidade.

Segundo o Concello "non existe proxecto municipal algún en relación cunha ordenanzas que regule a mendicidade"

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento en febreiro do 2005 de que o Concello de O Grove tiña previsto a realización dunha Ordenanza para prohibir a mendicidade ante "o preocupante aumento de rumanos nas rúas". Ante o discriminatoria da medida o MpDC reclamou á Delegación do Goberno, O Concello de O Grove eo Valedor do Pobo que se paralizara a iniciativa.

O pasado día 2 de decembro o Movemento polos Dereitos Civís recibiu comunicación do Defensor del Pueblo (pois o Valedor do Pobo declarou que non era da súa competencia o asunto) de que o Concello de O Grove afirmaba que "é posible que os medios de comunicación falase deste tema, pero o asunto non pasou de ser un mero estudio".

O MpDC quere manifestar a súa satisfacción polo desenlace deste caso que, por outro lado, segue no Defensor del Pueblo ante a demora da Delegación do Goberno e do Concello de O Grove en responderen a esta asociación.

Desde a Asociación queremos lembrar que tamén nos interesamos sobre as medidas sociais que o Concello de O Grove tiña pensado tomar para evitar estas situacións de mendicidade. Si pensaba expulsar os mendigos a forza ou pensaban buscar medidas de integración.
ler o resto do texto

23/12/05

Archivada denuncia penal decisión municipal topónimo 'La Coruña'

ler o resto do texto

El juez archiva la causa contra el topónimo oficial «La Coruña»

ler o resto do texto

Recurren el dictamen que sobreseyó la causa penal por el uso del topónimo

ler o resto do texto

El fiscal no considera delito el uso del topónimo en castellano

ler o resto do texto

O Movemento polos Dereitos Civís presenta un recurso para evitar o sobresemento da causa penal aberta polo uso do topónimo "La Coruña"

ler o resto do texto

Arquivan a denuncia penal polo uso do concello de ‘La Coruña’

Galicia-Hoxe | Galiza
ler o resto do texto

21/12/05

El Movemento polos Dereitos Civís presenta un recurso para evitar el sobreseimiento de la causa del topónimo de A Coruña

Europa Press | Galiza
ler o resto do texto

O MpDC presenta recurso para evitar o sobresemento da causa penal polo topónimo da Coruña

Tras un informe da Fiscalía que considerou que a utilización do topónimo en castelán non ten efectos penais, o Xulgado nº 5 decidiu o sobresemento provisional da causa.

A Fiscalía ven de presentar un informe favorábel ao sobresemento da causa iniciada pola Fiscalía a raíz dunha denuncia presentado polo Movemento polos Dereitos Civís. Nese documento da Fiscalía hai contradiccións clamorosas como a afirmación de que o que se di no acordo do Pleno "non é que a cidade pase a denominarse La Coruña, si non que se aproba ó seu uso conxunto, excepto na matización de que calquera persoa, institución ou administración poderá usalo conxunta ou indistintamente". Neste punto concreto a Fiscalía esquecese de que o único topónimo legal é A Coruña e mantense ao marxe do fondo da denuncia, que non é outro que existe dúas sentencias do Tribunal Supremo que non recoñecen estes extremo que a Fiscalía acepta. Por outro lado a mesma Fiscalía chama a atención sobre o feito de que se os topónimo pódense utilizar de forma indistinta, motivo polo que o Concello de A Coruña non tería a obrigación de utilizar a forma galega.

Por ese motivo, este colectivo, presentou un recurso o pasado martes có obxectivo de que non se arquive a causa aberta contra o alcalde da Coruña Francisco Vázquez e o acordo do Pleno do Concello, fundamentado na desobediencia activa deste organismo municipal a acatar as decisións xudiciais para cumprir a oficialidade do topónimo de "A Coruña".

ler o resto do texto

18/12/05

Centenares de persoas participaron na mobiliación pola defensa dos nosos dereitos

O Movemento polos Dereitos Civís considera que se deu un importante paso na concienciación da perda de dereitos e liberdades que está afectando á sociedade actual.

Centenares de persoas responderon á convocatoria realizada por distintos colectivos, entre eles o MpDC, para denunciar a vulneración de dereitos fundamentais como o de asociación e de participación política e a liberdade de expresión, reunión, opinión ou difusión de ideas; todos eles recoñecidos e amparados pola Declaración Universal de Direitos Humanos, o Pacto Internacional de Direitos Cívicos e Políticos e a propia Constitución Española. Dereitos que se están a quebrantar de forma habitual polos poderes públicos.

Sobre todo buscouse incidir no recurte das liberdades e dereitos que estamos a viver en Galiza, e que o MpDC ven denunciando, como o xuizo aos tres sindicalistas de Lugo, aos veciños do Eixo, ou a un membro de Nunca Máis Lugo, entre outros númerosos casos que poñen de manifesto que aquelas persoas que se atreven a erguer a súa voz contra aquilo que consideran inxusto, viven situacións de suspensión dos seus dereitos, ante o cal deuse unha importante resposta colectiva e visibilizouse que permenecemos alerta e vixias ante estes gravísimos acontecementos, co obxectivo de que sexan respeitadas as garantías xurídicas, así como amosamos o noso rexeitamento a falta de respecto que no noso país se dan aos dereitos e liberdades fundamentais.
ler o resto do texto

15/12/05

O MpDC chama á mobilización nacional do domingo 18 de decembro

O Movemento polos Dereitos Civís quere expresar o seu apoio e convocatoria á manifestación que terá lugar o vindeiro domingo 18 de decembro en Santiago de Compostela, ás 12.30 baixo o lema "Defendamos os nosos dereitos. Paremos a represión".

O Movemento polos Dereitos Civís fai un chamamento a participar nesta mobilización polo constante acoso e persecución, propios dun estado profundamente antidemocrático, a que están sometidos os movementos sociais, políticos e sindicais na Galiza, e boa mostra desto son os últimos acontecementos como a denominada "Operación Castiñeira" contra AMI, no que se vulneraron dereitos como o da presunción de inocencia das persoas que estiveron detidas, que son apresentadas por instancias policiais, xudiciais e mediáticas como culpábeis dos xenéricos delitos que lles son imputados sen necesidade de xuízo, provocando un enorme dano persoal para os/as detidos/as e un efeito de criminalización social dos movimentos sociais en que participan. Tamén é de salientar o saqueo dos centros sociais galegos que tamén se viron perxudicados economica e socialmente con este dispositivo represivo..

Tamén con operacións como esta se vulnera o direito de asociación e de participación política e a liberdade de expresión, reunión, opinión ou difusión de ideas; todos eles recoñecidos e amparados pola Declaración Universal de Direitos Humanos, o Pacto Internacional de Direitos Cívicos e Políticos e a propia Constitución Española.

Mais é de salientar que esta mobilización tamén quere incidir no recurte das liberdades e dereitos que estamos a viver en Galiza, e que o MpDC ven denunciando co xuizo aos tres sindicalistas de Lugo, aos veciños do Eixo, ou a un membro de Nunca Máis Lugo, entre outros númerosos casos que vimos denunciando e que poñen de manifesto que aquelas persoas que se atreven a erguer a súa voz contra aquilo que consideran inxusto, viven situacións de suspensión dos seus dereitos, ante o cal é preciso dar unha resposta colectiva e mobilizadora.

Facemos un chamamento á sociedade civil a que participen desta mobilización porque é un xeito de visibilizar que permenecemos alerta e vixias ante estes gravísimos acontecementos, co obxectivo de que sexan respeitadas as garantías xurídicas, así como amosamos o noso rexeitamento a falta de respecto que no noso país se dan aos dereitos e liberdades fundamentais.
ler o resto do texto

14/12/05

Esixen explicacións polos arrestos de AMI

ler o resto do texto

A Audiencia Nacional fai o ridículo coa liberdade sen cargos dos dez independentistas

ler o resto do texto

Un colectivo afirma que el Concello instalará 22 cámaras más en la calle

ler o resto do texto

En libertad sin cargos los detenidos por su presunta pertenencia al grupo independentista gallego AMI

ler o resto do texto

O Concello de A Coruña instalará varias cámaras sin haber aclarado a situación das que xa están en funcionamento.

En total serán 22 dúas cámaras instaladas na Estación de Autobuses e nas dependencias municipais de Urbanismo. Nembargantes, a día de hoxe, o Concello aínda non aclarou si tiña permiso para vixiar a praza do Humor e de María Pita.

O Movemento polos Dereitos Civís espera que o Concello non faga unha utilización fraudulenta das videocámaras e sexa respectuoso coa normativa vixente que as regula. Esta asociación lembra que o Concello de A Coruña xa comunicou nalgunha ocasión que dispuña de permisos para a utilización de videocámara para a vixilancia das rúas da cidade, afirmación que resultou falsa.

A día de hoxe a Corporación Local aínda non informou sobre os requirimentos feitos polo MpDC e o Defensor del Pueblo. Resulta atrevido por parte do Concello a comunicación pública da instalación de novas cámaras cando aínda non aclarou a situación das que xa están instaladas.

Desde o MpDC dirixirase hoxe unha carta á Comisión de Garantías sobre Videovixilancia para que informe sobra as cámaras que están autorizadas nos distintos concellos de Galiza.
ler o resto do texto

12/12/05

O MpDC pide unha normativa que impida a ocultación de información oficial como no caso Prestige.

Tamén pedirá ao Defensor del Pueblo que revise a queixa presentada por esa organización a raíz da censura informativa relacionada có Prestige. Segundo o Defensor del Pueblo non existiu tal censura pero si unha información tendenciosa e partidista.

O Movemetno polos Dereitos Civís formulará propostas perante o Goberno da Xunta e do Estado para que non se volvan a dar situacións similares ás vividas co afundimento do Prestige. Desde o MpDC consideramos inadimisible que non se tivera accesoa as gravacións de López Sorz ata o día de hoxe, sobre todo si temos en conta que existe unha investigación xudicial en curso.

Desde o MpDC consideramos urxente unha normativa que axilice o acceso á información que esté en man das administracións, autoridades e institucións. Así llo faremos saber ao Defensor del Pueblo (para que revise a queixa formulada no seu día) e ao Consello de Europa (quen, perante unha petición do MpDC, afirmou non poder intervir na censura informativa relacionada có Prestige pola falta de ratificación dunha normativa europea po parte do Goberno do Estado).
ler o resto do texto

11/12/05

En defensa dos nosos dereitos

Paremos a represión

O constante acoso e persecución, propios dun estado profundamente antidemocrático, a que están sometidos os movementos sociais, políticos e sindicais na Galiza acadaron nos últimos tempos niveis alarmantes.

Mostra disto son as ondas represivas da Guardia Civil contra a xuventude galega organizada, concretamente as operacións “Cacharrón” contra BRIGA e “Castiñeira” contra AMI, esta última posta en marcha co respaldo da Audiencia Nacional e no marco da cal foron detid@s 10 independentistas e asaltados, alén das moradas d@s detid@s, os centros sociais da Gentalha do Pichel, a Esmorga e a Revolta, roubando información interna da organización xuvenil atacada, as súas infraestruturas e recursos económicos das súas e dos seus militantes, alén de paralizar dúas webs independentistas.

Ante estes graves feitos manifestamos,

- Este salto cualitativo aféctanos a tod@s, xa que instaura un antes e un despois, un perigoso precedente despois do cal calquera organización, plataforma, asociación ou agrupación pode ser considerada non grata, pode ser declarada asociación ilícita en función de intereses particulares.

- A nosa máis rotunda condena ao circo mediático-policial da que foron obxecto as 10 persoas detidas. Os mesmos medios de comunicación que non adxudican nin unha soa liña ou minuto a informar das numerosas actividades dos Centros Sociais asaltados ou ás organizacións populares, cubriron intensamente os saqueos e detencións alentando un xuízo paralelo no que o veredicto xa estaba ditado.

- A criminalización e persecución dunha determinada organización ou colectivo pola mera razón de pretender mudar a actual orde de cousas non só é unha mostra de autoritarismo político, senón que é un grave atentado aos nosos dereitos políticos e colectivos, unha mutilación irreparábel da liberdade de expresión e asociación que non pode ser permitida.

- Esta nova onda represiva pon en evidencia os graves déficits democráticos do Estado español, onde as ideas disidentes son perseguidas con impunidade, e o papel do PSOE do talante coma continuador das políticas de constantes recortes das liberdades e dos dereitos colectivos, iniciadas nos oito anos de goberno do Partido Popular.

- Facemos un chamamento ao conxunto das organizacións, colectivos e persoas a título individual, a solidarizarse coa xuventude independentista acusada de asociación ilícita e evitar o intento efectivo de coartar a auto-organización popular.

- É o momento de dar unha resposta coma País, coesionada e sen fisuras, por cima das siglas e dos matices ideolóxicos e políticos, a quen quere impor a lei do silencio e impedir a auto-organización da nosa sociedade a tódolos niveis.

Galiza, 18 de decembro de 2005
ler o resto do texto

07/12/05

Moitos dereitos recollidos no Título I da CE seguen sendo obviados.

Cando se cumpre 27 anos da Constitución Española séguese sen garantir dereitos tan importantes como a vivenda e perigan dereitos fundamentais como o de Asociacións.

No 27º aniversario da CE o MpDC quere chamar a atención sobre o perigo que corre dereitos fundamentais que a cidadanía consideraba indiscutibles como o de asociación, á intimidade, a igualdade, a tutela xudicial efectiva ou a vivenda entre outros. As postas en escena que veñen realizando determinadas organizacións na defensa da Constitución céntranse sempre en asuntos lonxanos aos Dereitos da Cidadanía, buscase garantir a "Unidade da Nación" ou impedir o dereito ao matrimonio entre homosexuais pero non se fala, por exemplo, do artigo 43 da CE que di textualmente que "os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito (á vivenda), regulando a utilización do chan de acordo có interese xeral par impedir a especulación".

A práctica política están baleirando de contido dereitos como o de asociación (recente intento de criminalización de asociacións galegas), á intimidade (proliferación de cámaras de videovixiancia nas cidades, utilización de cámaras pola policías sen os requisitos legais necesarios ou o intento de incluír na lexislación Europea normas que permitan a utilización de comunicacións privadas sen orde xudicial) ou a tutela xudicial efectiva (recente intromisión da Audiencia nacional en asuntos dos Xulgados de Instrucción de Galiza).

Estes son só algúns dos exemplos de Dereitos Fundamentais recollidos na Constitución que non gozan das garantías necesarias, pero non son lembrados nos actos en Defensa da Constitución. O MpDC volta a lembrar unha vez máis que os dereitos da cidadanía non deben resumirse en intereses políticos e si concretarse coa creacción dun verdadeiro Estado de Dereito.
ler o resto do texto

01/12/05

O "DEFENSOR DEL PUEBLO" investiga a prohibición da exhibición dos vídeos "Hai que botalos" en Vigo e Trives

Henrique Múgica aceptou a queixa presentada polo MpDC a raíz da prohibición da exhibición do vídeo "Hai que botalos" en Vigo e Trives durante o pasado mes de xuño. Por outro lado a Fiscalía de Pontevedra enviou ao Xulgado Decano de Vigo a denuncia pola prohibición da exhibición da mencionada colección de curtos nesa cidade.

O pasado 11 de xuño, axentes da Garda Civil presentáronse no Café Bar Vía Nova de Trives, onde se estaba iniciando a proxección do citado vídeo, impedindo a mesma e alegando unha denuncia dun representante do Partido Popular de Trives. Os axentes presentáronse ata cinco veces máis coa intención de comprobar que o vídeo non era visionado.

Por outro lado, en Vigo, foi a Asociación Veciña Casco Vello que solicitou ter acceso ao centro cívico para proxectar o antedito vídeo, este foilles concedido para os días 15 e 16 de xuño, producíndose o primeiro deles sen ningún problema, nembargante, o día 16 acudiu a Policía Local por orden do Concello e, alegando que nos carteis informativos non se facía referencia á concellaría correspondente, impediu tamén a proxección do citado vídeo.

En ambos casos vulnerouse de maneira fragrante o dereito fundamental consagrado no artigo 20 da CE, de liberdade de expresión, e o 21, de reunión pacífica. Motivo polo que o MpDC solicitou ao Defensor del Pueblo e á Fiscalía que se depurase responsabilidades. Averiguacións que se están realizando.
ler o resto do texto

Suscrición ao periódico mensual EN MOVEMENTO

Twitter AsDN

    Seareiros do MpDC no Facebook

    Cámaras na Galiza

    Loading...

    Arquivo