Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Centenares de persoas participaron na mobiliación pola defensa dos nosos dereitos

Written By Virgulino on 18/12/05 | 14:44

O Movemento polos Dereitos Civís considera que se deu un importante paso na concienciación da perda de dereitos e liberdades que está afectando á sociedade actual.

Centenares de persoas responderon á convocatoria realizada por distintos colectivos, entre eles o MpDC, para denunciar a vulneración de dereitos fundamentais como o de asociación e de participación política e a liberdade de expresión, reunión, opinión ou difusión de ideas; todos eles recoñecidos e amparados pola Declaración Universal de Direitos Humanos, o Pacto Internacional de Direitos Cívicos e Políticos e a propia Constitución Española. Dereitos que se están a quebrantar de forma habitual polos poderes públicos.

Sobre todo buscouse incidir no recurte das liberdades e dereitos que estamos a viver en Galiza, e que o MpDC ven denunciando, como o xuizo aos tres sindicalistas de Lugo, aos veciños do Eixo, ou a un membro de Nunca Máis Lugo, entre outros númerosos casos que poñen de manifesto que aquelas persoas que se atreven a erguer a súa voz contra aquilo que consideran inxusto, viven situacións de suspensión dos seus dereitos, ante o cal deuse unha importante resposta colectiva e visibilizouse que permenecemos alerta e vixias ante estes gravísimos acontecementos, co obxectivo de que sexan respeitadas as garantías xurídicas, así como amosamos o noso rexeitamento a falta de respecto que no noso país se dan aos dereitos e liberdades fundamentais.

0 comentarios:

Publicar un comentario