Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pide aclaracións sobre a "Operación Castiñeira"

Written By Virgulino on 21/11/05 | 10:34

Insiste na intencionalidade política e considera que segue facendo falta explicacións sobre a posta a disposición dos detido á Audiencia Nacional. Tamén urxe a depuración de responsabilidades entre os promotores da "Operación Castiñeira" polos danos persoais e sociais infrinxidos aos detidos e ás organizacións.

A día de hoxe segue facendo falta moitas aclaracións en relación coa "Operación Castiñeira". Aínda non se aclarou porque se realizou un operativo similar ao utilizado na desarticulación de comandos terroristas cando a propia Garda Civil non se atreveu a aplicar á incomunicación dos detidos ata o seu traslado a Audiencia Nacional. Non se explicou a participación da Audiencia Nacional na detención de cidadáns que non están acusados de terrorismo, vulnerando as competencias dos tribunais galegos. Tampouco sabemos porqué os medios estatais negáronse a informar sobre a "Operación Castiñeira", aínda cando foron informados por escrito e telefonicamente, sendo as detencións realizadas por orden da Audiencia Nacional.

O MpDC considera que é momento de rectificacións e aclaracións. A Garda Civil non pode deter a cidadáns de Galiza e levalos a Madrid sen motivos fundamentados, obviando os tribunais galegos e as garantías xurídicas previstas no artigo 117 da Constitución. É momento de emenda e humildade por parte de autoridades que consideraron que se estaba actuando con rigor e seriedade. Non foi así, non houbo rigor nin seriedade. Foi unha burda manipulación da realidade. A magnificación de delitos menores e faltas có obxectivo de criminalizar. Non se garantiu a presunción de inocencia dos detidos e presentouse a persoas que xa cumpriron penas ditadas no seu día como terroristas en activo, dificultando a súa normal reinserción social. Houbo políticos que dixeron que a "Operación Castiñeira" acababa coa sensación de impunidade coa que actuaba determinadas organización. O que demostrou a "Operación Castiñeira" é que a xustiza e os corpos e forzas do estado poden actuar con verdadeira impunidade.

Si ao Delegado do Goberno en Galiza non lle preocupa que cidadáns galegos sexan detidos e trasladados a Madrid sen fundamento legal algún, como recoñeceu a Fiscalía, motivo polo que a Audiencia se inhibe por tribunais galego, debería dimitir por deixades de funcións. As forzas e corpos do Estado, do que ele é máximo responsable en Galiza, foron o brazo executor dun paréntese legal que conculcou varios dereitos fundamentais. E mesmo esas forzas e corpos do Estados con sede en Galiza adiantaron publicamente que os detidos serían postos en liberdade en seguida pola falta de fundamentación legal da "Operación Castiñeira". Porqué o Sr. Delegado do Goberno non se asesorou cós seus subordinados antes de defender esa operación policial?

A suspensión de dereitos fundamentais estase a realizar con excesiva banalidade. En EEUU a Patriot Act, que supón a suspensión de varios dereitos fundamentais, presentouse como temporal e agora é case parte estable do Dereito Norteamericano, en Francia o toque de queda que en principio ía durar 12 días xa se ampliou a 3 meses, no Reino Unido ditáronse varias leis que limitan eses dereitos fundamentais, propúxose na UE a interceptación de comunicacións privadas sen orde xudicial e agora en Galiza acabamos de sufrir en primeira persoa a doutrina das actuacións preventivas en prol da seguridade. Falta saber, da seguridade de quen?

O MpDC dirixirase esta semana á Sede Nacional da Garda Civil, ao Consello Xeral do Poder Xudicial, ao Goberno do Estado e ao Defensor del Pueblo para pedir explicacións pola suspensión dos dereitos fundamentais sufrida en Galiza a raíz da "Operación Castiñeira". Consideramos que é un momento apropiado para que Administracións, Institucións e Autoridades tomen a mesma medida polo ben dos dereito e liberdades.

0 comentarios:

Publicar un comentario