Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Amigos da Terra critica a demora das resolucións administrativas referentes ó medio ambiente.

Written By Virgulino on 21/11/05 | 20:10

Segundo a asociación ecoloxista a falta de resposta áxil ós diferentes problemas medioambientais revela as carencias e desconfianza que sofre a cidadanía fronte á Administración competente.

Ó Centro IRIS de Ourense, centro de Servicio de Información Ambiental e asesoramento xurídico de Amigos da Terra, chegan a diario multitude de queixas de cidadáns galegos con diversos conflictos medioambientais na procura dunha solución para os mesmos.

Frecuentemente os cidadáns, a pesar de contar con acceso á información medioambiental, séntense indefensos no momento de resolver os problemas que lles rodean a diario e que implican dalgunha maneira o deterioro do medio ambiente.

A Administración alega que tódalas resolucións medioambientais que se lle achegan son resoltas, o que non clarifica é o tempo de resolución durante o cal o cidadán está desprotexido.

Existen uns prazos administrativos e hai que acatalos, pero tamén existe o deber da Administración de tutelar os dereitos dos cidadáns, dereitos que moitas veces poden verse vulnerados.

Son xa moitos os casos onde a falta de repercusión social a gran escala dunha neglixencia medioambiental supón o esquezo nos arquivos das distintas denuncias e reclamacións cidadás.

Non sempre se trata de denunciar, xa que nalgúns casos o que se pide é obter unha información clara e rápida sobre feitos que inspiran desconfianza entre as vecindades, moitas veces por descoñecemento de materias técnicas e lexislativas relacionadas co medio ambiente.

Un claro exemplo disto é a situación que viven os veciños de A Penela afectados polos cheiros provenientes de lodos de depuración en montes da parroquia, que o pasado venres 4 tiveron unha reunión na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e na que o Delegado comprometeuse a estudia-lo caso pero non deu garantías dunha resposta a curto prazo o que supón a prolongación da espera por parte dos veciños afectados.

0 comentarios:

Publicar un comentario