Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Fiscalía do Estado non facilita o informe sobre Fungairiño

Written By Virgulino on 28/10/05 | 12:12

O MpDC solicitou copia do expediente nacido a raíz da denuncia presentada pola asociación sen que a Fiscalía facilitase dato algún á data de hoxe. Por este motivo o Movemento polos Dereitos Civís presentou queixa fronte ao “Defensor del Pueblo”.

O Movemento polos Dereitos Civís presentou escrito en agosto do 2004 onde solicitaba que "a Fiscalía Xeral do Estado Español investigase si o Sr. Eduardo Fungairiño cometeu algún delicto ao actuar neglixentemente ou, si é o caso, ao mentir perante a Comisión de Investigación do 11M do congreso dos Deputados, e de ser así, actúe en consecuencia". En resposta a ese escrito a Fiscalía contestou que "é obvio, ..., que o Sr. Fungariño ao facer tal manifestación non esta dicindo a verdade sobre a data de coñecemento da existencia da furgoneta" (utilizadas nos atentados do 11M).

Fronte a esa resposta o MpDC quixo saber porque non se tomaba medidas contra o Sr. Fungairiño pois a Constitución di que todos somo iguais ante a Lei, e preguntou, entre outros asuntos, concretamente "¿Cal sería a pena para un cidadán calquera que non estivese dicindo a verdade perante unha Comisión de Investigación do Parlamento?". A Fiscalía, lonxe de responder a ese extremo arquivou a denuncia do MpDC alegando que "o Decreto da Inspección é suficientemente explícito". O Decreto da Inspección non dicía nada sobre ese asunto.

Por todo iso, e có obxectivo de coñecer as Dilixencias realizadas pola Fiscalía, o MpDC solicitou información sobre ese expediente en repetidas ocasións desde abril do 2005 sen que a Fiscalía ofrecera ningún documento dos solicitados. Así que con data 24 de Outubro presentamos queixa ao Defensor del Pueblo para que "acceda a solicitar ao Fiscal Xeral do Estado a remisión do expediente 53/04, así como calquera outra dilixencia relacionada có mesmo, aínda que teña outra numeración"

Queremos lembrar que o Grupo Parlamentario Mixto tamén se interesou palas declaracións de Fungairiño e a Fiscalía afirmou que investigaría en profundidade e podería dar unha resposta diferente á facilitada ao MpDC.

0 comentarios:

Publicar un comentario