Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Ceivar denuncia agresión á un cidadán galego detido en Soto del Real

Written By Virgulino on 26/8/05 | 18:38

O MpDC esixe que se garantan os dereitos do detido.

O MpDC diríxese ás autoridades competentes para pedir que se garantan os dereitos fundamentais de Uxio Caamaño. Informacións facilitadas por Ceivar aseguran que actualmente non se están a respectar os dereitos deste cidadán galego detido en Soto del Real. En concreto, non ten garantida a súa integridade física e vive nun anormal réxime de aillamento.

Por todo iso, o MpDC considera que aínda que ao detido se lle impute un delito grave, isto non xustifica que sexan vulnerados os seus dereitos constitucionais. O Movemento non se posiciona na inocencia ou culpabilidade dos detidos, pois non é o seu labor, pero si pide que se vixie o cumprimento das normas e dereitos ás que todo detido está suxeito.

Mais información en: Ceivar

0 comentarios:

Publicar un comentario