Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Xuizo contra o topónimo "La Coruña"

Written By Virgulino on 26/8/05 | 18:43

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) presentou o pasado 17 de marzo unha denuncia contra o alcalde de A Coruña, o señor Francisco Vázquez, por desacato e prevaricación. Esta demanda está fundamentada na utilización indebida de perto de 300.000 euros do erario público na batalla legal que o señor alcalde vén realizando nos últimos anos para modificar o nome da cidade. Neste proceso, o Concello de A Coruña suma xa dúas sentencias negativas do Tribunal Supremo que, polo demais, non só non foron acatadas polo señor Vázquez, senón todo o contrario: segue insistindo en utilizar o topónimo "La Coruña" cando o propio Tribunal Supremo afirma que isto é competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

A aceptación por parte da Fiscalía da denuncia deu lugar á apertura de dilixencias no xulgado nº 5 de A Coruña, motivo polo que o Concello desa cidade aprobou en pleno, cós votos e contra do BNG e a abstención do PP, autorizar a utilización de medios públicos para a defensa do señor Vázquez.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís, cuxo coordinador deberá declarar no caso o vindeiro 26 de setembro, queremos facer un seguimento exhaustivo do proceso xudicial, como proba o feito de que temos pensado presentarnos como acusación popular. Iso supón un esforzo económico importante para o MpDC, pois terá que aportar un avogado e un procurador.

Si queres colaborar, faite membro protector do MpDC cubrindo o seguinte formulario, e así axudarás a facer fronte aos gastos que nos supón tomar parte neste proceso xudicial.

Sen máis, e agradecendo de antemán a túa atención e colaboración, recibe un saúdo

Renato Núñez

3 comentarios:

Anonymous dijo...

E agora q o galego-portugues vai ser património da humanidade tb se lhe poderia acusar dum delito contra o património histórico q tb é a lingua
(como quem destroza uma catedral)

Saude.

Anonymous dijo...

Yo nací en La Coruña, no en A Coruña :@

Anonymous dijo...

Que pena, verdade? imaxino como te sintes. Pero tranquilo que tamén hai xente que naceu no Ferro del Caudillo pero agora xa se chama ferrol, como nunca debeu de deixarse chamar.

Publicar un comentario