Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC considera inaceptábeis as declaración do Presidente do Tribunal Supremo xustificando a execución preventiva de inocentes

Written By Virgulino on 26/7/05 | 16:05

O Movemento polos Dereitos Civís manifesta súa total e máis absoluta repulsa ás declaracións do Presidente do Tribunal Supremo, declaracións que consideramos irresponsábeis e falta de todo sentido da responsabilidade.

A perda de dereitos fundamentais crece a pasos axigantados en Europa e, como o MpDC xa adiantou tras os atentados en Madrid do 11M, tamén no Estado Español e, en consecuencia, en Galiza. A utilización, por parte da poder político, do medo como fórmula para limitar os dereitos da cidadanía sempre funcionou e está a funcionar. Nembargante, o feito de que o poder xudicial se faga actor desta política do medo xustificando o asasinato de inocentes con frases tan irresponsábeis como "estamos perante a terceira guerra mundial " amosa unha total falta de principios e unha clara inseguridade xurídica.

Non podemos espera unha defensa con garantías dos dereitos da cidadanía cando o máximo representante do Poder Xudicial considera que a morte dun inocente a man da policía é un prezo aceptable para garantir a seguridade no Estado Español. Pero, ademais, é que esta política do medo non garante a seguridade, en Londres con todas as medidas de seguridade en máxima alerta tras os primeiros atentados, colocáronse outras catro bombas na cidade (que afortunadamente non causaron vítimas) sen que os responsábeis fosen detidos.

A execución preventiva só conseguiu o asasinato dun brasileiro inocente que estaba a traballar para manter a súa familia, motivo polo que esperamos que está política non se aplique. Non estaría demais que o Sr. Presidente do Tribunal Supremo se preocupara de atopar esa declaración de guerra xa que non nos consta que exista, e acto seguido declarar o Estado de Excepción para que todos os cidadáns sexamos conscientes de que os nosos dereitos fundamentais foron suspendidos.

0 comentarios:

Publicar un comentario