Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Santiago non está cumprindo a Ordenanza de Publicidade Estática.

Written By Virgulino on 27/7/05 | 12:58

Despois dos 6 meses previstos na Ordenanza non instalou un só valado para a colocación de carteis e non hai unha soa obra có espacio habilitado para a publicidade estática.

O MpDC realizou unha intensa campaña para eliminar as sancións que membros de varios colectivos de Compostela viñan sofrendo por promocionar as súas actividades. Froito desta actividade foi a Ordenanza de Publicidade Estática aprovado no 2004 e publicada no BOP do 25 de xaneiro do 2005. Esta Ordenanza (da que se nos impidiu a entrada no pleno no que se aprobou) marcaba un prazo de 6 meses para que a realidade de Compostela se adaptara ao previstos nela.

Pasado esta tempo o Concello non instalou un só valado para a Comunicación Social dos colectivos desta cidade e, ademáis, ningunha obra que se esté realizando en Santiago instalou paneis para a colocación de publicidade estática (Ambas actuacións están previstas no Artigo 4º da Ordenanza) A situación real é xustamente a contraria e o Concello non repuxo os paneis caídos como o do Castiñeiro, Area Central ou Pontepedriña e as obras que se están a realizar en Compostela lucen, sorpreendentemente, pintadas como: prohibido fixar carteis.

Queremos lembrar a "eficacia" do Concello en aplicar a antiga normativa e sancionar con multas e xuizos aos colectivos que divulgan as súas actividades por Compostela. Esta eficacia non ten nada que ver có desinterese que o Concello mostra por aplicar os artigos da Ordenanza que benefician a divulgación das actividades destas asociacións.

Desde o MpDC lle reclamamos ao Concello de Compostela que cumpra coa súa obriga colocando valados e sancionandos as empresas que non cumplen coa Ordenanza.

1 comentarios:

nofollow dijo...

Dear administrator:

Some of our comments above may include links that are no longer valid or that do not have a nofollow value. They might very well lead you today to a third party. Therefore,
I ask you, if you would be so kind, to please delete or disregard those
comments.

Many thanks and best wishes,

Iza, Roberto Iza

Muy Señores Míos:

Algunos de nuestros comentarios incluyen vínculos rotos que bien pudieran llevar hoy a una tercera persona. Por tanto, le rogamos, por favor, que los deseche o desestime.

Gracias y recuerdos

Iza, Roberto Iza

Publicar un comentario