Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC reclama da Xunta de Galiza que a creación das fiscalías contra a siniestralidade laboral non sexa outra mostra de propaganda

Written By Virgulino on 19/4/05 | 13:22

O Consello Xeral do Poder Xudicial no 2003 ia elaborar un informe sobre esta cuestión que nunca chegou a elaborar e que se encontra bloqueado

O Movemento polos Dereitos Civís reclama do goberno autonómico galego que a nova medida contra a siniestralidade laboral que vén de asinar co fiscal xeral do Estado, Conde Pumpido, non sexa unha mostra máis de propaganda, senón que se poñan recursos e os medios necesarios para poñer remedio á siniestraliedade laboral, que constitue unha traxedia intolerábel para a clase traballadora galega.

Desde as Administracións descoñecen totalmente o xeito e o alcance co que o sistema xudicial está a afrontar os conflitos derivados dos accidentes laborais, como recoñecían tres vocais do propio Consello Xeral do Poder Xudicial nunha petición enviado ao pleno deste organismo para que redactara un informe relativo a xuridiscción penal sobre esta materia. Desde o MpDC queremos denunciar que a intención de realizar este informe, que foi motivo de moitos artigos e parabéns, está hoxe paralizado sen que exita ningún informe despois de 1 ano e 5 meses.

Desde o MpDC queremos denunciar este tipo de actitudes propagandísticas que non axudan a rematar coa siniestraliedade laboral, senón que contribuen a desinformar a cidadanía con notas de prensa institucionais que falan de solucións de problemas e grandes medidas, que en realidade non están dotadas de recursos ou como no caso do informe do CXPX nunca se chegan a realizar. Desconfiamos da Xunta de Galiza que en relación con temas de traballo xa ten incumprido os seus propios planos.

Cremos necesario que o informe do CXPX sexa realizado e posto en coñecemento da cidadanía que visbilice o tratamento xudicial que se lle da aos casos de siniestraliedade laboral, asi come afonde na búsqueda das formas máis eficientes de administrar a xustiza. Desde o MpDC lembramos varias desafortunadas e inxustas sentenzas nas que se culpabilizaban aos traballadores accidentados de ser os responsabeis dos sinistros que padeceron. A xustiza ten que estar do lado dos traballadores, loitar contra a ilegal precariedade laboral e a temporalidade, que normalmente son sinónimos de siniestraliedade laboral. O MpDC quere lembrar que o dereito ao traballo continúa a ser un dereito constitucional, e polo tanto continuaremos a defender a dignidade dos traballadores e traballadoras, así como loitaremos para que estes dereitos sexan defendidos polas propias institucións que, desde logo, non están a cumprir cos seus supostos obxectivos.

0 comentarios:

Publicar un comentario