Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC presenta ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza unha denuncia polos abusos da Garda Civil a veciños de Baiona

Written By Virgulino on 29/3/05 | 13:52

O Movemento polos Dereitos Civís desde que o mes de agosto do ano 2004 pasado mozos e mozas de Baiona denunciaran publicamente as actuacións intimidatorias consistente en rexistros e cacheos continuos tanto na vía pública como en locais e pubs e trato vexatorio recibido nesta localidade por membros da Guarda Civil, realizou un seguimento deste tema, presentando queixas ante a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, así como se realizaron diversas preguntas a Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade do Ministerio do Interior.

Na queixa, tras varias reclamacións, contesta por escrito o 16 de febreiro de 2005 o coronel xefe da comandancia de Pontevedra da Garda Civil, sendo neste escrito onde atopamos certas irregularidades xa que di “En los días posteriores a los hechos hubo una reunión en el Ayuntamiento de Baiona, en la que además del oficial de la Guarda Civil estaban presentes el Alcalde y el Concejal de Seguridad Ciudadana de dicho ayuntamiento, quien comentó la actuación conjunta de la Guarda Civil y la Policia Local, llevada a cabo en un pub, en la cual el citado concejal, mostraba su asombro por la actuación que consideraba desproporcionada, en base a los comentarios que una persona de su entera confianza le había realizado. Entre otros comentarios figuraba que el registro se había efectuado poniendo a todos los clientes contra la pared, se le habían tirado las pertenencias a una joven que le habían dicho que si no hablaba en castellano iba a ser denunciado por ello…”

O Movemento polos Dereitos Civís, coñecedor destes feitos, presentou unha denuncia este 28 de marzo ante o Ministerio Fiscal a fin de que se leve a cabo unha investigación por se estes feitos son constitutivos de infracción penal, tanto por parte dos axentes como das persoas, que sendo conscientes do acontecido, non presentaron denuncia nin fixeron as investigacións pertinentes, malia estar obrigados a facelo.

Esta denuncia quere tentar visibilizar e non deixar impune estes abusos que se realizaron pola Garda Civil desta localidade pontevedresa, mais que non son uns feitos illados, senón que desde o Movemento polos Dereitos Civís vimos denunciando desde hai moito tempo o recorte de dereitos e liberdades que vivimos no noso país, e que se concretan desde os cacheos, rexistros e actuacións intimidatorias que viviron os mozos desta vila ate as sentencias que culpabilizan a aqueles que se atreven a erguer a súa voz como os tres sindicalistas da CIG de Lugo, as persoas da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, os veciños do Eixo, un integrante de Nunca Máis Lugo e todos aqueles casos de persoas que ven vulnerados os seus dereitos e liberdades en Galiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario