Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Xulgan a dous mozos por supostamente realizar unhas pintadas contra Fraga, 8 anos despois.

Written By Virgulino on 16/3/05 | 11:59

O vindeiro xoves, 17 de marzo, van ser xulgados en Ferrol (xulgado nº 1 às 10:30 horas) os militantes nacionalistas Pedro Fernández e Alexandre Carrodeguas, acusados dun delito de danos e outro de falta de respeto à autoridade por supostamente e sempre con palavras do fiscal realizar unhas pintadas contra Fraga, (Fraga Nazi, fraga Asesino, Fraga cacique) nuns paneis da CTOPV, a altura de febreiro de 1997. A fiscalia pide para cada un 15 meses de prisión e unha multa de 6 € diarios polo tempo que dure a condena e pola falta 6 € diarios durante 50 días.

O curioso deste caso é que desde que o acusados foran identificados en febreiro de 1997 e chamados a declarar en dilixencias previas a mediados do mes de marzo dese mesmo ano, non volveron a ter noticia nengunha do caso, até o mes de xuño de 2003, é dicer 6 anos despois, que foi cando lles comunicaron que a fiscalia apresentaba acusación formal contra eles e pedia as penas citadas arriba.

Logo de teren que aboar unha fianza de 1200 € ainda tiveron que agardar dous anos máis até que o xulgado convocara o xuízo para o vindeiro xoves.

As pintadas realizaranse nunha estrada do concello de Cerdido que ia ser inaugurada polo presidente da Xunta, Parece ser que un dos vixiantes da mencionada obra denunciara a presencia dunha furgoneta sospeitosa e vira facer unha pintada ao seu conductor as 22:30 horas do 6 de febreiro de 1997, chamando à garda civil que detivo aos dous mozos encausados à 01:15 horas,( 3 horas máis tarde) logo de telos rexistrados e cacheados e retidos por máis de duas horas no medio desta estrada e sen atopar nengún bote de pintura nen nada sospeitoso na furgoneta deixaraos seguir viaxe.

O retraso excesivo, no enxuízamento ven motivado pola interese da fiscalia de atopar à única testemuña existente, o capataz da obra que foi quen denunciara os feitos, e que logo de buscalo por medio país conseguira atopalo no ano 2003.

0 comentarios:

Publicar un comentario