Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Directiva Bolkestein

Written By Virgulino on 7/3/05 | 11:26

NON a unha Europa do retroceso social
NON a unha Europa de regresión educativa

Por iniciativa do anterior comisario europeo, Frits Bolkestein (liberal holandés), estase estudando, na actualidade, un proxecto de directiva (lei europea) sobre a libre circulación dos servizos nos países da
Unión Europea.

Esta directiva europea, de chegar a ser adoptada, tería como consecuencia que todos os servizos subministrados na Unión Europea serían considerados como calquera produto económico. Desta forma, sectores esenciais como a cultura, a educación, a atención sanitaria e todos os servizos dependentes dos sistemas nacionais de protección social poderían estar suxeitos ás mesmas formas de competencia económica que as mercancías.

Esta evolución suporía inevitablemente a deterioración dos sistemas públicos de pensións, das axudas sociais ou do sistema sanitario, en favor dos sistemas privados. Igualmente significaría a desregulación dos nosos sistemas educativos e, ao final, de toda forma de excepción cultural. Ademais, a aplicación desta directiva poría en cuestión os dereitos dos traballadores consagrados polas leis nacionais dos países da Unión.

Desde o pasado marzo, algúns partidos políticos e instancias nacionais europeas (asociacións, sindicatos, etc.) fixeron soar a alarma e invocaron á mobilización das forzas progresistas para loitar contra este proxecto de directiva que entraña unha regresión social.

Malia estes esforzos, unha gran maioría de estados membro móstrase hoxe en día favorable á adopción inmediata deste proxecto de directiva. Trátase dunha decisión que non precisa unanimidade polo que ningún goberno, e menos aínda un partido político, pode impedir por si só a adopción desta directiva.

Desta maneira, só unha forte mobilización da sociedade civil dentro da Unión podería impedir este desenvolvemento.

É urxente reaccionar.

Nós invitámosvos desde este instante a dicir claramente NON a unha Europa da regresión social asinando a petición electrónica proposta pola plataforma STOP Bolkestein.

2 comentarios:

xoubas dijo...

Hua hua hua hua, pois parece que a petición se foi ao garete; os "fillos" do Gates rebelense contra as iniciativas de comunistas, esquerdistas etc
O seervidor NT parece que anda un pouco mal:
"An error occurred while attempting to establish a connection to the service.
The most likely cause of this problem is that the service is not currently running. You can use the 'Services' Control Panel to verify that the service is running and to restart it if necessary.
Windows NT error number 2 occurred."

Bueno, ese fallo non sei te terá algo que ver coa aprobación en consello europeo da lei de patentabilidade da programación...
http://xoubas.blogspot.com/, pero ao meellor...
O que me resulta chocante e que se estexa a falar sobre a privatización de servizos públicos, se poña en marcha unha campaña na rede, e se use como tecnoloxia de difusión desa campaña, unha ferramente de precisamente unha das empresas que representan a antitese desa loita. Dende logo poucas cousas vin tan contradictorias.
Eche o que hai.

Anonymous dijo...

Contradictorio... pode ser. pareceme máis que é por falta de coñecemento ou comodidade.

Publicar un comentario