Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC amosa a súa solidariedade cós cidadáns denunciados polo concello por manifestarse ante o Parlamento Galego

Written By Virgulino on 31/1/05 | 11:15

O Movemento polos Dereitos Civís amosa a súa solidariedade coas persoas que mañá terán que presentarse no xulgado denunciados polo concello por manifestarse ante o Parlamento Galego e que sufriron unha brutal carga policial.



Este 1 de febreiro seis manifestantes que foron brutalmente reprimidos pola policia diante do Parlamento Galego en decembro do 2002, cando amosaban o seu descontento pola xestión da catástrofe do Prestige despois de vir dunha xornada de limpeza na costa, serán levados a xuízo polo concello de Compostela, un xuizo no que Bugallo desde o concello pide de 1 a 3 anos de prisión por ter botado tres capachos de chapapote de Muxía no asfalto da rúa do Hórreo.



Este mesmo día seis manifestantes levarán a xuízo a 10 policías pola agresión sufrida durante a carga diante do Parlamento Galego o 3 de decembro do 2002. Agardamos que a xustiza toma boa nota do acontecido, e que se tome na mesma consideración as declaracións daquelas persoas que se atreven a amosar as súas preocupacións sociais na rúa que aquelas que se dedican a agredir aos cidadáns que amosan a súa disidencia.



Desde o Movemento polos Dereitos Civís esiximos a retirada dos cargos presentados polo alcalde de Compostela, que de novo volve ser exemplo de accións xudiciais inxustas contra a cidadanía que se rebela e sae as rúas .
Por: Zelia


0 comentarios:

Publicar un comentario