Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Informes da Policía Local de Compostela contradícense cos informes da Policia Nacional nas actuacións realizadas nas identificacións a cidadáns

Written By Virgulino on 26/1/05 | 13:29

O Movemento polos Dereitos Civís crítica a escasa vontade de atender as demandas do Defensor del Pueblo xa que tardou máis de 11 meses en enviar un informe que lle solicitara este organismo



O Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar a través desta nota de prensa a manipulación da verdade e a emisión de informes falsos e contraditorios por parte da Policía Local de Compostela.



Os feitos aos que facemos referencia teñen que ver con unha das actuacións da Policía Local de Compostela de identificacións a cidadáns, na que se requiriu a presenza da Policía Nacional, pola actitude da Policía Local e porque estes policías locais negábanse a identificarse. Estes acontecementos foron postos en coñecemento do Defensor del Pueblo que lle pediu ao concello de Compostela un informe sobre o que ocorrera. Así, o concello lle pediu á Policía Local a elaboración dun informe que o propio concello tardou en enviar ao Defensor del Pueblo un total de 11 meses, e ademais o informe enviado non coincide co oficio da Policía Nacional, contradicíndose ambos informes.



Desde o MpDC evidenciamos de novo que nin desde o concello de Compostela hai unha vontade de control da Policía Local, que pode emitir informes falsos e contraditorios co da outra forza de seguridade que opera na cidade como é a Policia Nacional, nin o concello ten moito interese en atender as demandas das institucións como o Defensor del Pueblo, xa que nesta actuación observamos unha deixación grave das funcións do concello en canto envío de información e seguimento dos acontecimentos referidos.



Por: Zelia

0 comentarios:

Publicar un comentario