Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Denúncia contra dous axentes compostelanos

Written By Virgulino on 10/1/05 | 10:51

O pasado dia 31 de Decembro de 2004, Francisco Xabier Fernández del Buey, presidente da Asociación PreSOS Galiza, apresentou denúncia contra dous Axentes da Policia Municipal de Santiago de Compostela no Xulgado de Instrución desta cidade.



Os feitos que se denuncian aconteceran o dia anterior, 30 de Decembro, cando unha discusión entre o condutor dun veículo e un viandante provocou a actuación dos axentes municipais. Unha actuación inxustificadamente violenta (o viandante foi imobilizado, alxemado e deitado no chao) que levou o Presidente da Asociación PreSOS Galiza a dirixir-se aos axentes para tentar deter a agresión. Intervención a que os funcionários encarregados de facer cumprir a lei responderon con ameazas e insultos: “ti sempre tocando o carallo... e fodendo a actuación policial”, “es un advogaducho de merda, defensor de causas perdidas”, “agora vamos denunciar-te a ti por obstaculizar o labor policial”, “se non te calas imos deter-te a ti, ten cuidado”, etc.



Nesa altura, cando xa eran várias as persoas que protestavan contra a actuación policial, chegaron outros tres axentes municipais a bordo de un Nissan Patrol no que introduciron violentamente o detido.



Na sua denúncia, Fernández del Buey solicita se proceda a incoar dilixéncias investigatórias con o fin de depurar as posíveis responsabilidades penais nas que pudesen ter incorrido os axentes que participaron nestes feitos como autores de un delito de lesións, ameazas e coaccións.



Asi mesmo solicita se proceda à exploración e revisión médica do detido con carácter urxente encanto persisten as evidéncias fisicas da agresión de que foi vítima e se adopten medidas de carácter cautelar para evitar novas agresións, físicas ou psicolóxicas.



Reclama tamén que se requeira ao Concello de Santiago de Compostela a fin de identificar e tomar declaración aos axentes que conducian os veículos descritos na denúncia.



Por: Esculca


0 comentarios:

Publicar un comentario