Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Varias organizacións lanzan unha campaña para que o goberno de Vigo abra as bibliotecas en horario nocturno

Written By Virgulino on 20/12/04 | 18:14

É unha tarefa pendente do goberno de Corina Porro desde xaneiro 2003, mes no que se aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG



O Movemento polos Dereitos Civís, os Comités Abertos de Estudantes, CIG Mocidade, Galiza Nova e Comités Abertos de Escola e Faculdade, son as organizacións que van desenvolver unha campaña para exixir ao goberno de Corina Porro que cumpla unha moción aprobada xa en xaneiro do 2003.



A moción solicitaba a apertura de bibliotecas en horario nocturno durante as datas dos exames e a creación de centros e salas de estudo en diferentes barrios de Vigo.



Na actualidade, as bibliotecas pechan ás dez da noite, agás a faculdade de Peritos que por iniciativa propia o fai ás tres da maña. De todos xeitos, o desbordamento que sofre esta última pola noite demostra a gran necesidade que hai en Vigo de que se abran máis centros.



Para o Movemento polos Dereitos Civís, é de vital importancia que se comecen a tomar as medidas xa aprobadas desde agora, xa que as datas de exames están próximas e é necesario que a Administración cumpra os seus propios compromisos.





Por: Zelia

0 comentarios:

Publicar un comentario