Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Parlamento Europeo admite unha petición sobre a censura informativa do 11M pero non na estudiará.

Written By Virgulino on 14/12/04 | 9:55

Tras considerar que a petición incide no ámbito de actividades da UE e admitila a trámite, manifesta que “a Comisión de Peticións non se encontra en disposición de abordar o fondo” da petición e toma “nota das súas observacións”



É a segunda vez que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admite unha Petición do Movemento polos Dereitos Civís pero non investiga o fondo dos feitos denunciados.



A primeira petición, admitida a trámite o 4 de novembro do 2003 e relacionada coa censura informativa sobre o Prestige, concluíuse cunha manifestación por parte da Comisión Europea na que afirmaba que non podía reclamar responsabilidades ao Goberno do Estado Español porque este non ratificou unha directiva europea (directiva para a que o MpDC reclamará a súa ratificación por parte do Goberno do Estado Español).



A segunda, relacionada coa censura informativa sobre o 11M, foi admitida a trámite para, sorprendentemente, non ser estudiada por ningunha instancia da UE en base a que “a Comisión de Peticións non se encontra en disposición de abordar o fondo” da súa petición.



A pesar destas alegación da Comisión de Peticións existe un relatorio (2003/2237) da Comisión das Liberdades e dos Dereitos dos Cidadáns, da Xustiza e dos Asuntos Internos que chama a atención sobre a situación da Liberdade de Expresión e Información na UE.



En base a este relatorio, o MpDC enviou onte unha solicitude a todos/as os/as Parlamentarios Europeos da mencionada Comisión das Liberdades e dos Dereitos dos Cidadáns, da Xustiza e dos Asuntos Internos, elixidos no Estado Español, para que acumulen as dúas peticións presentadas có mencionado relatorio e se debata na antedita comisión.



Por outro lado o MpDC reclamou ao Ombudsman que obrigue á Comisión de Petición a cumprir a súa función de dar a saída oportuna á Petición aceptada a trámite.



Por último, puxo en coñecemento da Asociación Europea EAVI, que se puxo en contacto có MpDC para recompilar información sobre as mencionadas peticións, para que tome as medidas oportunas e dea a divulgación que crea oportuna.



0 comentarios:

Publicar un comentario