Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Coordinando do MpDC prestou declaración no Xulgado de Instrucción nº 6

Written By Virgulino on 12/5/04 | 17:10

O Coordinando do MpDC prestou declaración no Xulgado de Instrucción nº 6 de Compostela pola actuación policial na Praza do Obradoiro na concentración de Nunca Máis do 25 de xullo



O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) informa que o coordinador do MpDC, Renato Nuñez, ratificouse hoxe nos Xulgados de Santiago de Compostela pola denuncia realizada por esta organización en defensa dos dereitos civís pola actuación policial do pasado 25 de xullo, na concentración de Nunca Máis polas medallas de Galiza, tamén presentou datos de varias testemuñas.



Ao acudir a esta concentración varias persoas viron como se lles impedía acceder á Praza do Obradoiro polo simple feito de lucir un autocolante ou levar unha bandeira. Este feito que foi recollido polos medios de comunicación, dos que hai fotos e, por suposto, as testemuñas que se presentaron, deu lugar a situacións tensas nas que houbo persoas que foron agarradas pola solapa da chaqueta para impedir a súa entrada á Praza e mesmo membros da Plataforma Nunca Máis se lles impediu acceder ao Obradoiro para organizar o acto que estaba previsto e autorizado.



A Policía Nacional, que identificou a un dos axentes por medio de fotos facilitadas polo MpDC, alegou ao Xulgado que se limitaron a informar a "persoas que portaban pancartas e bandeira alusiva á plataforma Nunca Máis, que a concentración que pretendían realizar estaba comunicada e autorizada a partir das 14:00 horas" e que en ningún momento se prohibiu a entrada de membros de "Nunca Máis" á praza. Este feito contrasta claramente cá versión das testemuñas, ás que se lles impediu entrar na praza, incluso de forma violenta, ademais non informan sobre a negativa dos axentes a identificarse.



O MpDC espera que pronto se celebre xuizo e se chame ás testemuñas propostas.

0 comentarios:

Publicar un comentario