Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Información sobre a queixa formulada ao “Defensor de Pueblo” sobre o Prestige

Written By Virgulino on 19/11/03 | 11:56

Fronte as continuas solicitudes de información que recibimos o día de onte, e hoxe pola mañá, o MPDC envía aos medios de comunicación os seguintes datos.



O Movimento Polos Direitos Civís formulou a Queixa ao Defensor del Pueblo o pasado mes de Decembro e esta queixa foi aceptada en Xaneiro, paralelamente o MPDC presentou unha petición ao Parlamento Europeo. En Xullo do 2003 o Defensor del Pueblo emitiu un informe de 51 follas a raíz da queixa que formulamos o MPDC e outras organización, este informe foi dado a coñecer polo MPDC en Setembro en Rolda de Prensa.



Durante este mes de Novembro informamos de dous feitos moi importantes.



1. 6 de Novembro - o MPDC comunicou que a Comisión de Peticións do Parlamento

Europeo aceptou a Petición que formulamos polo Prestige.

2. 14 de Novembro - emitimos unha nota de Prensa onde informabamos que o Defensor del Pueblo consideraba que as recomendacións que realizou á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Presidencia non foron aceptadas.



No seguinte enderezo de internet pódese encontrar a queixa formulada polo MPDC ao Defensor del Pueblo:



http://www.plataformanuncamais.org



E na seguinte dirección as notas de prensa do MPDC.



http://mpdc.blogspot.com/



Os informes, tanto de Xullo como de Novembro, habémosllo remitir a aqueles medios que o soliciten ao 981564300 ou ao e-mail movimentopolosdireitoscivis@hotmail.com.

0 comentarios:

Publicar un comentario