Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Consellería de Presidencia censurou os actos en memoria do Prestige

Written By Virgulino on 17/11/03 | 13:40

Solicitou a retirada de material relacionado co aniversario do afundimento do buque das sedes ou centros de traballo da administración.



O Movimento Polos Direitos Civís denuncia unha nova vulneración dos dereitos fundamentais por parte da Xunta de Galiza, concretamente do artigo 20.1 da constitución que recoñece o dereito de “comunicar ou recibir información veraz por calquera medio”.



O día 12 de novembro a Consellería de Presidencia emitiu un comunicado instando á retirada de “carteis alusivos ó asunto referenciado” (aniversario da catástrofe do Prestige) co obxectivo de “evitar que se repita, como o ano pasado, actividades promovidas por plataforma de mobilización social”.



Esto demostra novamente a total falta de respecto que ten o Goberno Galego polas liberdades fundamentais e os dereitos cívicos, aplicando a censura e a mentira cando lles resulta conveniente coa complicidade de Institucións que deberían velar polos dereitos da cidadanía e que na práctica se negan a investigar estes feitos, como o Valedor do Pobo, quen ante unha queixa do MPDC polo escrito remitido pola Consellería de Educación ordenando que se retirasen dos centros educativos calquera material relativo á guerra de Iraque ou de Nunca Máis, negouse a investigar.

0 comentarios:

Publicar un comentario