Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo admite que existe indefensión na denegación de bolsas de estudo

Written By Virgulino on 23/10/03 | 9:40

A pesar de recoñecer que lle require de forma reiterada ás institucións educativas que fundamenten o motivo de denegación de bolsas de estudio non emite, inexplicablemente, ningunha resolución có obxectivo de conseguir este obxectivo



O Movimento polos Direitos Civís ( MPDC ) que poñer en coñecimento da cidadania que recebeu contestación do “Defensor del Pueblo” ante o seu último recurso perante esta instituizón por mor do conflito plantexado pola cuestión das bolsas de axuda ao estudo concedidas polo Ministério de Educación( MECD ).



Como é sabido o motivo da denúncia era que o MECD denega solicitudes de bolsa codificando-as no apartado “191”, que remite a “outras cousas”, o cal provoca unha intolerábel situación de indefensión para estas/es estudantes, pois non se lles comunica o motivo real da denegación (o que incumpre flagrantemente vários artigos da Lei de Procedimento Administrativo) e polo tanto nega-se-lles, na prática, o seu direito a presentar alegacións, pois, que se pode alegar contra “outras causas”?.



Pois ben, na resposta que nos foi remitida polo Adxunto ao “Defensor del Pueblo” este da-nos á razón di-nos que xa foron várias as queixas neste senso remitidas ás autoridades educativas, pero estas as desatenden continuamente. Tal resposta suscita no MPDC várias reflexións:



1º) Como é posíbel que un Ministério desoiga continuamente os requerimentos dunha instituizón como o “Defensor del Pueblo”. Non deberian ser as instituizóns públicas as primeiras en respectar este tipo de cousas? Non é o PP o suposto valedor do cumprimento da “legalidade constitucional”?

2º) Como o “Defensor del Pueblo” pode respostar a un requerimento dando-lle a razón ao demandante e dicendo-lle ao mesmo tempo que non se pode facer nada para solucionar a situación de indefensión que está a padecer? Para que serve entón esta instituizón?



O MPDC exixe que se aclaren estas dúbidas e anúncia que continuará co seu labor de denúncia antes os contínuos ataques das autoridades contra os direitos e liberdades das e dos cidadás/áns.

0 comentarios:

Publicar un comentario