Loading...

O MPDC pide que se investigue a responsabilidade dos feitos acontecidos en O Eixo

Considera que o excesivo despliegue policial para sufocar unha protesta veciñal levou aos veciños de O Eixo ao Xulgado.

O MPDC considera absolutamente desproporcionada a sentencia contra os veciños de O Eixo e solicita que se busque aos verdadeiros responsables da situación que deu lugar aos acontecementos que levaron ao xuízo onde foron condenados. Queremos chamar a atención sobre a superficialidade habitual no tratamento informativo que se dá a estas noticias e propoñer aos medios que se pregunten o motivo polo que varios cidadáns con conductas sociais impecables (como recoñecen todas as opinións publicadas hoxe nos medios) estean condenados a penas de cárcere. Como primeiro, e principal paso, debemos recordar o motivo das protestas, reclamar máis seguridade vial, e segundo o motivo dos altercados, unha carga policial. Estas persoas foron condenadas por reclamar máis seguridade vial no seu vecindario e defenderse dunha carga policial que nunca debeu acontecer.

Desde o MPDC pensamos que quen debería responder polos feitos acontecidos foi quen tratou aos veciños e veciñas de O Eixo como delincuentes por reclamar algo tan lexítimo como a seguridade no seu vecindario, quen forzou unha situación na que estes veciños e veciñas se viron acurralados e privados dos seus dereitos fundamentais e quen ordenou cargar contra veciños e veciñas que non buscaban danar a ninguén.

Volvemos a denunciar a actuación policial fronte as reinvidicacións sociais, onde actúan con contundencia desproporcionada, fronte a falta de previsión noutros actos con repercusións menos políticas, como a violencia no fútbol.

envía este post
redes sociais:
  • Agregar a Chuza
  • Agregar a Technorati
  • Agregar a Del.icio.us
  • Agregar a DiggIt!
  • Agregar a Yahoo!
  • Agregar a Google
  • Agregar a Meneame
 

0 comentarios

Postar um comentário