O Movimento Polos Direitos Civís presentou un escrito, o pasado 14 de xaneiro, ao Valedor do Pobo onde solicitaba que este “propuxera un mecanismo de control que permita aos afectados ter capacidade de decisión sobre unha Fundación (en referencia a Fundación Arao), que no seu nome, recolle millóns de Euros en doacións”.
O Valedor do Pobo limitouse a responder que esta actuación “queda ó marxe das nosas funcións” a pesar de que por este motivo lle replicamos que a Fundación Arao é unha Fundación Mixta, que o seu protectorado está adscrito á Consellería da Presidencia, que está participada por, polo menos, 12 administracións públicas e está presidida polo presidente da Xunta de Galicia; canles a través da cal podería canalizar as reivindicación dos colectivos de afectados.
En todo caso lle recordamos, ao Valedor do Pobo, que se “permitiu a licencia de abrir una conta en Caixa Galicia (onde unha multinacional farmacéutica ingresou 600.000 Euros) có obxectivo de axudar aos damnificado polo Petroleiro Prestige; esta non é unha das funcións asignadas ao Valedor do Pobo, polo tanto pensamos que a boa vontade de auxilio aos damnificados lle permitirá outra licencia que inste a calquera, ou a todas, Administracións participantes na Fundación Arao a propoñer a integración dos damnificados na mencionada Fundación”.
Teletipo de Euro Press do 19 de febreiro “Las Cofradías de A Coruña aclaran que es la Fundación Arao quien canaliza las ayudas de grandes empresas.
Written By Virgulino on 20/2/03 | 11:01
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario