Ante unha queixa formulada polo Movimento Polos Direitos Civís, responde que “comprende as razóns aduidas “
O Movimento Polos Direitos Civís presentou unha Queixa ao “Defensor del Puelo”. Enrique Múgica, por mor da inxustiza que supón a non concesión dos salarios de tramitación aos traballadores e traballadoras despedidas desde a entrada en vigor do Real Decreto Lei 5/2002, de 24 de maio, máxime cando a Lei 45/2002, de 12 de decembro, voltou a restituír o dereito a percibir os devanditos salarios.
A redacción do artigo 56 do Real-Decreto lei 5/2002 produxo unha situación moi gravosa para os traballadores e traballadoras despedidos improcedentemente e con contractos en precario. En moitas ocasión saiulle mais barato, ao empresario, non readmitir ao traballadore ou traballadora pois aforrabase os salarios de tramitación.
Por outra banda a derrogación do Real-Decreto Lei 5/2002 foi comunicada con varios meses de antelación, a modificación do artigo 56 tamén, eso ocasionou que moitros empresario optaron por despedir aos seus traballadores e traballadoras có obxectivo de aforrarse os salarios de tramitación.
Ante este feitos, o “Defensor del Pueblo”, comunicou que “aínda compreendendo as razóns aducidas no seu escrito” non podería intervir pola irretroactividade da lei.
“Non obstante, o antedito Real Decreto Lei ten sido recurrido ante o TC, polo que haberá de estarse ao que determine o Alto Tribunal”.
Cabe lembar que o mencionado Real-Decreto Lei 5/2002 foi tramitado polo procedimento de urxencia a pesar de regular materias que afectan aos dereitos regulados no Título I da Constitución, motivo polo que segundo a lexislación vixente debería ser tramitado polo procedimento parlamentario habitual, o mesmo que restituiu os dereitos perdidos. Esto supón unha vulneración de dereitos fundamentais que de ser confirmado polo Tribunal Consitucional obrigaría ao pago dos salarios de tramitación deixado de percibir por miles de traballadores e traballadoras a pesar do blindaxe de irrectroactividade da lei
O “Defensor del Pueblo” se pronuncia sobre o impago de salarios de tramitación durante a vixencia do “Decretazo”
Written By Virgulino on 16/2/03 | 18:45
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario