Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A videovixiancia apenas disminue um 1,9% a delincuencia e a despraza a zonas conlindantes

Written By Virgulino on 27/6/10 | 13:56


·         O MpDC participou na mesa rendonda do seminario onde se presentou os resultados do estudo realizado polo Instituto Andaluza Universitario de Criminoloxía e destacou a búsqueda da sensación subxectiva de seguridade

·         As conclusión do estudo, que durou tres anos, revelan que os datos policiais amosn unha reducción de delitos do 1,9% e que a percepción dos cidadáns é que baixou un 3,6%

·         Tamén a Axencia Catalana de Protección de Datos considera que a videovixiancia apenas despraza o delictos as zonas conlidantes

Os resultados se suman aos doutros estudos realizados no 2002 (UK e USA), 2005 (UK e USA) e 2009 (UK, USA, Suecia, Canadá) e que tamén amosan moi escasos resultados coa utilización das cámaras de videovixiancia para reducir a delincuencia.  No estudo do 2009 valorouse a efectivades doutros métodos como a iluminación das ruas ou un diseño viario que dificulte a fuxida, así como a utilización de mobiliario urbano para evitar a delincuencia como métodos máis eficaces.

Tamén se constatou que un maior número de cámaras aumenta a efectividade destes dispositivos, nembargante lembrouse que en Londres hai 500000 cámaras e apenas serviron para resolver un 3% dos delitos nesta cidade, motivo polo que o novo goberno liberal inglés incluso prometeu disminuir as cámaras de videovixiancia.

O estudo buscaba comprobar tres hipótesis: que as cámaras non son eficientes para reducir a delincuencia, produce un desprazamento da delincuencia e crea sensación de seguridade. Das tres hipóteses confirmáronse as dúas primeiras e non se puido comprobar a últimas. As cámaras non crearon unha sensación de seguridade e os comerciantes seguían pedindo máis na mesmas rúas onde xá estaban instaladas.

Non se produciu un incremento dos número de delictos esclarecidos nas rúas con videocámaras  segundo estádisticas policiais e confírmouse que as cámaras non impiden os delictos graves como as agresións , aumentandos os furtos e roubos con violencia.

A sensación subxectiva de seguridade.

O MpDC chamou a atención sobre a búsqueda da sensación subxectiva de seguridade por parte dos responsables de seguridade. Lembrou que a Policía Nacional en Lugo afirmou que as cámaras son úteis porque crean esta sensación; algo moi disitinto á seguridade real e que crea un efecto placebo na cidadanía. Mesmo recriminou a video promocional, presentado pola Oficial Xefe da Área operativa de comunicación do CISEM de Madrid, sobre as cámaras de videovixiancia na Rúa Montera de Madrid, onde un comerciante e a propia polícia local afirmaban que a delincuencia baixara notablemente cando a Oficial Xefe afirmara, minutos antes, que a zona non era especialmente conflictiva. José Luis Ripolléz, catedrático encargado do estudo, tamén chamou a atención a estas campañas de Markenting que non están sustentados en datos obxectivo como recoñecera a propia oficial minutos antes.

Renato Núñez, portavoz do MpDC, tamén lembrou, como tamén se recolle na Introducción do estudo, que as cámaras de videovixiancia están limitadas "ao manexo da delincuencia ou de infraccións administrativa de certa entidade, sem que deba ampliarse a meras conductas desordenadas ou asociais" pois, como afirma o Consello Xeral do Poder Xudicial, a "súa utilización non é inócua fronte a dereitos fundamentais da cidadania". José Luis Ripollez engadión que a Lei 4/97 non permite a instalación de cámaras para a persecucion de delito e si para a súa prevención.

Agencia Española de Protección de Datos

Renato Núñez tamén puxo en coñecemento do Seminario e do ponente Andrés Calvo Medina (Inspector Coordinador da Área de Videovixiancia da Axencia de Protección de Datos) o mal funcionamento deste organismo, entregando integramente o expediente sobre as cámaras de videovixiancia do Correo Gallego en man, e a desproporcionalidade de cámaras instaladas por Caixa Galicia nas rúas do noso país  e o feito de que as administracións non poidan ser sancionadas pola AGPD, algo que limita a súa efectividade.

Andrés Calvo Medina tamén deu a coñecer vários casos preocupanes como empresas privadas con cámaras na rúa capaces de identificar aunha persoa a 1 km de distancia, ou cámaras públicas que poden realizar estadísticas sobre persoas que entran en edifícios públicos ou cantas persoas de cada raza entra nun edificio.

Dirección da Universidade de Málaga: www.uma.es/criminologia 

renato núñez 610858850

0 comentarios:

Publicar un comentario