- A Dirección Xeral da Policía afirma que non é capaz de identifciar aos funcionarios policiais denunciados na Xornadas Mundiais da Xuventude do 2011
- 266 cidadáns presentaron denuncia polas cargas a instancia do MpDC
- O Defensor del Pueblo dirixiuse á Fiscalía e á Dirección Xeral da Policía
Esta decisión ven de tomarse logo de que o Defensor del Pueblo requirira informes á Fiscalía Xeral do Estado e á Dirección Xeral da Policía até en catro ocasións logrando como contestación da Dirección Xeral da Policía que esta non "foi capaz de identificar aos -demais- funcionarios policiais que aparecen nas imaxes dispoñibles das actuacións policiais do 17 e 18 de agosto do 2011".
A Delegación do Goberno en Madrid xa contestou no seu día que "entre outras cousas, considérase que se actuou en todo momento en cumprimento da Constitución e as leis, impartindo as instrucións oportunas para garantir o exercicio do dereito fundamental de reunión, así como os dereitos e liberdades de todos os cidadáns. Así mesmo, manifestase que para facer efectivos estes dereitos, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado recibiron a orde de actuar conforme aos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade para evitar que se produciran danos máis graves, inmediatos e irreparables"
Esta afirmación fíxose logo de que se lles enviara variado material gráfico que demostraba que non se deron os mencionados principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade:
http://www.youtube.com/watch?v=ErAA8SbTdZs&feature=player_embedded
http://www.youtube.com/watch?v=MVvtd_Txf24&feature=player_embedded
http://www.20minutos.es/noticia/1136497/0/laicos/brutalidad-policial/puerta-del-sol/
http://www.youtube.com/watch?v=9zJCgUu5mtE&feature=youtu.be&t=1m11s
http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/a_la_caza_de_los_laicos/469633
ttp://www.lasextanoticias.com/noticias/ver/la_policia_reconoce_abusos_en_su_actuacion/391153
A pesar de que a Delegación do Goberno insiste na corrección da actuación policial, a Dirección Xeral da Policía tivo que remitir copia dun expediente disciplinario e a Fiscalía Xeral do Estado informou sobre a tramitación do procedemento penal en curso no Xulgado de Instrución Número 41 de Madrid. Ao parecer, ambos referidos á unha moza agredida por un policía, único caso que estaría a ser investigado.
A continuación, e por quinta vez, o Defensor del Pueblo volve a solicitar á Dirección Xeral da Policía e á Fiscalía Xeral do Estado unha ampliación da información proporcionada
O MpDC comezará unha nova campaña de apoio solicitando que a Secretaría de Estado de Seguridade cumpra as recomendacións do Defensor del Pueblo.
0 comentarios:
Publicar un comentario