Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O "Defensor del Pueblo" reclama, por cuarta vez, informes polas cargas da JMJ

Written By Dereitos Civís on 4/8/12 | 21:04


  • 266 cidadáns presentaron denuncia polas cargas a instancia do MpDC 
  • O Defensor del Pueblo dirixiuse á Fiscalía
 O Defensor del Pueblo ven de reclamar, por cuarta vez, informe á Delegación do Goberno en Madrid e á Dirección Xeral da Policía Nacional polas cargas policías contra manifestantes contrarios ás Xornadas Mundiais da Xuventude.

A Delegación do Goberno en Madrid xa contestou no seu día que "entre outras cousas, considérase que se actuou en todo momento en cumprimento da Constitución e as leis, impartindo as instrucións oportunas para garantir o exercicio do dereito fundamental de reunión, así como os dereitos e liberdades de todos os cidadáns. Así mesmo, manifestase que para facer efectivos estes dereitos, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado recibiron a orde de actuar conforme aos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade para evitar que se produciran danos máis graves, inmediatos e irreparables"
 
Esta afirmación fixo logo de que se lles enviara variado material gráfico que demostraba que non se deron os mencionados principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade:

http://www.youtube.com/watch?v=ErAA8SbTdZs&feature=player_embedded
http://www.youtube.com/watch?v=MVvtd_Txf24&feature=player_embedded
http://www.20minutos.es/noticia/1136497/0/laicos/brutalidad-policial/puerta-del-sol/
http://www.youtube.com/watch?v=9zJCgUu5mtE&feature=youtu.be&t=1m11s
http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/a_la_caza_de_los_laicos/469633
http://www.lasextanoticias.com/noticias/ver/la_policia_reconoce_abusos_en_su_actuacion/391153

Unha Delegación do Goberno, e por enésima vez, obvia completamente as denuncias de negativas a identificaranse por parte dos axentes, as agresións policías (incluso con material gráfico) e o abuso de autoridade; algo que amosa novamente a indefensión na que se ven as persoas que se poden ver involucradas nunha actuación policial de calquera tipo.

Desta volta, e a pesar de que a Delegación do Goberno insiste na corrección da actuación policial, a Dirección Xeral da Policía tivo que remitir copia dun expediente disciplinario. Ademais o Defensor del Pueblo dirixiu á Fiscalía Xeral do Estado para coñecer o estado da tramitación do procedemento penal en curso no Xulgado de Instrución Número 41 de Madrid.

O MpDC espera que nalgún momento a Delegación do Goberno comece a colaborar nas investigacións que procuran aclarar as agresión de axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado. Encanto isto non aconteza, todos e todas os axentes acaban sendo sospeitosos de vulneracións de dereitos da cidadanía.

0 comentarios:

Publicar un comentario