- A Delegación do Goberno ven de contestar despois de varios anos e queixas ao Defensor del Pueblo e a Comisión de Petición do Congreso.
- O Consello Autonómico de Seguridade Cidadá non se reune desde a súa consitución
- Durante ese periodo o Papa visitou Galiza, houbo un ano Xacobeo e multitudes de controles en Santiago en previsión de posibles atentados.
No ano 2007 o Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, anunciara con grandilocuencia a creación dun organismo de consulta, destinado a converterse nun órgano de participación cidadá no que estarían representados os actores sociais máis importantes do país e que serviría para trazar os programas e estratexias autonómicas en materia de seguridade.
Logo da súa consitución en febreiro do 2007 este organismo gozou dunha total ausencia de actividade marxinando a participación da sociedade na seguridade, por exemplo, do Concello de Santiago de cara ao Xacobeo.
O MpDC considera que foi unha manobra das institucións para evitar que as persoas concienciadas e preocupadas polos dereitos civís se vexan apartadas do seu cometido podendo campar así a administración ás súas anchas. Por ese motivo dirixiuse á Delegación do Goberno para saber porque non se convocaba o mencionado Consello. Os distintos Delegados do Goberno negáronse a contestar, e foi por medio do Defensor del Pueblo e da Comisión de Peticións do Congreso polo que o MpDC ven a recibir unha contestación na que se informa que "comunico que o Delegado do Goberno non considerou oportuno convocor ningunha reunión do citado Consello Autonómico de Seguridade Cidadá".
Así as cousas, a existencia do Consello Autonómico revélase como unha pantomima creada para dar unha aparencia de diálogo e participación cidadá nas cuestións da seguranza, aínda que na realidade non sexa máis ca un organismo baleiro de contido. Outra vez, batemos contra a indiferenza da administración nun asunto tan relevante como a planificación das actuacións en materia de seguridade cidadá, relegando até o inexistente a participación da sociedade e impóndo a arbitrariedade e a dominación.
Por último o MpDC pregunta ao novo Delegado do Goberno que se nombre si pensa convocar este Consello nalgún momento.
0 comentarios:
Publicar un comentario