· MpDC considera que a Delegación do Goberno fomenta actitudes deste tipo ao legalizar as cámaras a posteriori
O Movemento polos Dereitos Civís ven de informar á Axencia Española de Protección de Datos que o Concello de Cee non pensa cumprir a resolución que ordena retirar as videocámaras instaladas nos exteriores do Concello ou mudalas de ubicación. Desde a asociación consideramos que era de esperar este tipo de actitude por parte do Alcalde da localidade tendo en conta a permisividade que a Delegación do Goberno ven tendo o incumprimento da lexislación no referente á videovixiancia.
A Delegación do Goberno xa confirmou no seu día que non autorizou ningunha cámara no Concello de Cee xa que ninguén solicitou a mencionada autorización. A AGPD ratificou que as cámaras non teñen autorizaci´no e que, ademais, tampouco existe comunicación do rexistro de gravacións á Agencia Española de Protección de Datos.
Esa autoridade, que outorga os permisos para as cámaras, ten coñecemento das cámaras ilegais de Cee e non actúa. Como tampouco actuou contras as cámaras de Ares ou as da Estación de Autobuses de A Coruña (ambas instaladas sen autorización e permitidas pola Delegación).
Para o MpDC, “resulta vergonzoso que mentres os cidadáns debemos cumprir todas as normas, a administración só cumpre as que lles dá a gana”
0 comentarios:
Publicar un comentario