- Sobre 40 persoas non puideron asistir á sesión na que se debate a proposta de Conde Roa para pór o nome de Manuel Fraga a unha rúa
- Enviáronse 1900 cartas a Conde Roa e 600 firmas
- O MpDC seguirá coa campaña de recollida de sinaturas para impedir que se concrete a proposta. asina
O alcalde de Compostela semella esquecer as actuacións de Manuel Fraga Iribarne durante a súa prolongada vida política, quen, entre outras cousas, protagonizou algunhas das decisións máis claramente antidemocráticas do franquismo. Cómpre destacar tamén que unha proposta semellante feita polo anterior rexedor local tivo que ser retirada logo das miles de sinaturas recollidas e entregadas ao Concello en contra de tal decisión.
Renato Nüñez, portavoz do MpDC, laméntase que o Gerardo Conde Roa prefira homenaxear figuras que se teñen amosado contrarias aos valores democráticos máis básicos antes que defender e facer valer os dereitos recoñecidos de todos os cidadáns e cidadás do seu Concello.
Á saida do Pleno os axentes retiveron a varios asistentes para reclamara asúa identificacións, algo que xa se fixera o entrar, e lle impediu os saír do edificio.
0 comentarios:
Publicar un comentario