Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Cee deberá retirar as cámaras de videovixiancia

Written By Dereitos Civís on 16/9/11 | 17:37


  •  Protección de Datos considera que cometeu dúas infraccións graves
  • Tratou datos de carácter persoal mediante imaxes captadas na vía pública 
  • Concello de cámaras con Zoom e capacidade de movemento
A Axencia Española de Protección de Datos ven de ditar resolución R/01788/2011 pola que declara que o Concello de Cee infrixiu o disposto no artigo 6.1 e 20 da Lei Orgánica de Protección de Datos, infraccións tipificadas como graves e require que o concello proceda “á retirada ou reorientación das cámaras exteriores, de maneiro que non capten vía pública e deberá proceder á inscrición do ficheiro de Videovixiancia no Rexistro Xeral de Protección de Datos con carácter previo á gravación de imaxes polas cámaras de videovixiancia”

A denuncia foi presentada o pasado 19 de Agosto do 2010, e un ano despois a AXPD ven de confirmar as ilegalidades denunciadas polo MpDC no seu día. O Concello de Cee chegou a recoñecer á AXPD que non ten autorización para a instalación das cámaras de videovixiancia, feito que se puxo en coñecemento, no seu día, á Delegación do Goberno se que esta tomara ningún tipo de medida.

A pesar das infraccións cometidas, o Concello de Cee non será sancionado economicamente por ser unha Administración Público. Algo moi distinto pasaría no caso de que estiveramos falando dunha entidade privada, nese caso a sanción sería de entre 40.000 e 300.000€. Para o MpDC este feito é absolutamente discriminatorio e incita ás Administracións a incumprir a Lei, como fixo o Concello de Ares instalando cámaras sen autorización previa (exemplo seguido agora polo Concello de Cee) ou fai que afirmen que non cometen ningunha infracción, como aconteceu en Sada onde o Alcalde afirmou que non cometera ningunha irregularidade porque non se lle impuxera ningunha sanción económica.

O MpDC espera, agora, saber cál é actitude da Delegación do Goberno, a quen se lle informou da instalación das cámaras sen autorización.

0 comentarios:

Publicar un comentario