Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Praza do Humor o Mercado de San Agustín e adxacentes quedáronse sen cámaras de videovixiancia

Written By Virgulino on 15/7/11 | 0:23

·         MpDC pedira que se retiraran as cámaras por amosarse inútil contra o botellón.

·         A Delegación do Goberno non quixo facilitar información sobre as cámaras e foi o Defensor del Pueblo quen informou sobre a súa retirada

·         O concello foi sancionados pola instalación ilegal das cámaras

 

Por fin a Delegación do Goberno ven de confirmar que se lle retirou as autorizacións paras as cámaras de videovixiancia da Praza do Humor do Mercado de San Agustín e adxacentes. O MpDC solicitara en repetidas ocasións a retirada das mencionadas cámaras por amosárense inútiles para evitar o botellón, motivo para o que supostamente estaban instaladas. Tanto é así que O Movemento polos Dereitos Civís presentou un informe cronolóxico sobre as ilegalidades que se cometeu na instalación das cámaras ao Defensor del Pueblo e á Delegación do Goberno e outro informe sobre a inutilidade das mesmas para evitar o botellón. A Delegación do Goberno limitouse a informas de que as cámaras se instalan segundo os criterios da Comisión de Garantías de Videovixiancia (autoridade que valora a corrección da instalación destes dispositivos) pero non informaron sobre a situación das mesmas. Foi o Defensor del Pueblo quen, despois de solicitar que a Delegación do Goberno aclarara a situación das cámaras, quen informou ao MpDC de que “en la última resolución, que se acompaña, de la Delegación del Gobierno en Galicia de renovación de autorización de instalación de las videocámaras a las que se refiere su escrito, ya se han excluido las cámaras que se habían instalado para el control del botellón”

 

En base a isto o MpDC volveu a reclamar a Delegación do Goberno que informara sobre si accedera a retirar as mencionadas cámaras. A autoridade estatal ven de contestar neste mes de Xullo que “a Delegación do Goberno en Galicia exclúe da renovación de instalación de vídeo cámaras as correspondentes a praza do Humor, mercado de San Agustín e adxacentes”

 

Esta decisión ven a demostrar as afirmación que o MpDC leva anos realizando; que as cámaras de videovixiancia non teñen o suposto efecto disuasorio que se lle atribúe. O Concello solicitou a instalación das mesma para acabar có botellón ao afirmar que os xovens non se reunirían na Praza do Humor si esta estivera vixiada por cámaras de seguridade. Non só non foi así, si non que o Concello tivo que declarar as zonas de botellón como zonas de especial protección, notándose entón unha redución das concentración de persoas para beber na rúa. No transcurso dese período déronse situacións realmente tensas como cando un policía local disparou contra o chan ao verse rodeado por varias persoas sen que as cámaras amosaran a máis mínima eficacia como elemento disuasorio.

 

O MpDC seguirá adiante coas reclamacións contra as demais cámaras que seguen instaladas:

 

·         Estación de autobuses; autorizadas o 19 de xaneiro

·         Casas consistoriais, servizos económicos da rúa da Franxa e edificio da policía local; autorizadas o 31 de marzo

·         Garaxe dos coches policiais; autorizadas o 31 de marzo

 

 

0 comentarios:

Publicar un comentario