Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC está sorprendido pola normalidade coa que se están limitando os dereitos da cidadanía de Compostela

Written By Virgulino on 5/11/10 | 9:37

·         Anima á cidadanía a que acudan directamente aos axentes ofrecéndolles o seu documento de identidade para a correspondente identificación

·         Critica a identificación masiva e indiscriminada de cidadáns e a limitación da liberdade de circulación

·         Considera que estase sospeitando de toda unha poboación para permitir que unha persoa poida circular libremente

·         Considera que a falta de estacionamento, a sospeita xeralizada cara os viandantes, o enorme desplegue policial… está facendo de Santiago unha lugar pouco apetecible para visitar estes días

 

O Movemento polos Dereitos Civís está abraiado coa normalidade coa que se están executando medidas que limitan de forma desmedida a liberdade dos veciños e veciñas de Compostela. A identificación indiscriminada, cacheos, controles, retirada de contenedores e papeleiras, a fichaxe de todas as persoas que traballan nos locais por onde transcorre a comitiva do Papa, a retirada de bandeiras contrarias a Bento XVI, a prohibición de estacionar en case toda a cidade e o desplegue de 1 policía por cada 10 habitantes da cidade supón exercer un Estado de Sitio para permitir que unha única persoa circule.

Resulta pouco apetecible a visita a unha cidade con tal propaganda. Non é de estrañar que os hoteleiros  se queixen da ocupación; e iso tendo en conta que grande número de membros de Corpos e Forzas de Seguridade terán que hospedar nalgún lugar e, polo tanto, estarán ocupando prazas hoteleira.

Non se deu esta situación cando o Príncipe de Asturias ou a filla de Bush peregrinaron a Compostela, tampouco cando varios mandatarios acudiron á cidade ou en cumios internacionais que tiveron lugar na Santiago. Como é posible que se faga todo isto sen unha reunión do Consello Galego de Seguridade Cidadán? Onde están o Valedor do Pobo, o Defensor del Pueblo ou a Fiscalía? É posible que fagan refén a toda unha cidade para que unha persoa se poida dirixir aos seus seguidores estrangulando toda actividade económica, administrativa, comercial…?

Pois parece que si. Por este motivo, e ante a falta de garantías xurídicas existentes neste momento, o MpDC anima a todos os cidadáns a acudir directamente co seu Documento de Identidade ante os axentes para axilizar os trámites de identificación e fichaxe.

Contacto: 697158861

 

0 comentarios:

Publicar un comentario