· A policía Nacional está “solicitando” a retirada das bandeiras que rexeitan a visita do Papa
· Estanse facendo rexistros de vivendas na zona de San Lázaro son orde xudicial
· O peche do Centro de Compostela faise dunha maneira nunca vista
· O Consello Galego de Seguridade Cidadá leva dous anos e medios sen reunirse
O MpDC está indignado coas medidas que se están tomando para visita do Papa a Galiza. Para Renato Núñez, voceiro da asociación, “é inaceptable as limitacións que van sufrir os cidadáns de Compostela para que o representante dunha organización relixiosa veña a dirixirse aos seguidores desa confesión”. Renato Núñez lembra que Benedicto XVI non ven como xefe de Estado e considera que sufragar com diñeiro público todos os gastos vinculados a esta visita e unha utilización indebida de cartos públicos, sobre todo en tempo de crise.
Por outro lado, lembra, que o Consello Galego de Seguridade Cidadá suma xa mais de dous anos sen reunirse e non entende como se puído chegar á toma de decisión na que se limita tan abraiantemente a liberdade de circulación na cidade de Compostela. Ademais, a limitación da liberdade de circulación está precedida da vulneración doutros dereitos como a liberdade de expresión ao reclamaren os Corpos e Forzas de seguridade a retirada de bandeiras que rexeitan a visita do representante da igrexa católica. O MpDC lembra que en Santiago luciuse sen ningún problema un inxente número de bandeiras do Estado Español nas ventas sen que se reclamara a súa retirada por parte de ningunha autoridade, administración ou institucións. Si non fora suficiente, tamén se está vulnerando a inviolabilidade dos domicilios con rexistros na Zona de San Lázaro sen orde xudicial.
Para o Movemento pólos Dereitos Civís faise inaceptables que se vulneren tantos dereitos da maioría da cidadanía para que o representante dunha confesión relixiosa se dirixa aos seus seguidores. Recorda que non se deron estas medidas cando foi o cumio europeo en Compostela, cando o presidente de Venezuela (un xefe de Estado) visitou Galiza ou cando houbo o Consello de Ministros na Coruña. Dereitos Civís pregúntase si hai unha visita do Dalas Lama, dun Imán ou dun dos Rabinos Xefes...
0 comentarios:
Publicar un comentario