Concello conteste sobre a situación das cámaras
O Movemento polos Dereitos Civís enviou en xaneiro e maio sendos escritos ao
Concello de Neda solicitando información sobre a intención do dito concello
de instalar 15 cámaras de videovixilancia na vila. Pasado varios meses sin
contestación o MpDC reclamou ao Valedor do Pobo que esixira ao Concello de
Neda que contestara, queixa que foi aceptada.
Agora o Concello de Neda debería contestar si dispón de copia da solicitude
da autorización da instalación efectuada á Delegación do Goberno, facilitar
copia dos informes nos que se baseou dito Concello para pretender instalar
ditas cámaras e por tanto xustificou o principio de proporcionalidade,
informar ao MpDC quén ten encomendada a custodia das imaxes, así como qué
mecanismos de control se prevén para garantir os Dereitos dos cidadáns,
facilitar a Resolución da Delegación do Goberno da solicitud e efectuada
polo Concello de Neda, a resolución da Comisión de Garantfas en relación coa
instalación das cámaras de vídeo vixilancia no Concello de Neda. Por último
tamén debería contestar si acepta a petición do MpDC que non instale ditas
cámaras sen os preceptivos informes esixidos legalmente.
Recentemetno o MpDC tivo coñecemento que a Delegación do Goberno xá rexeitou
unha solicitude de instalación de cámaras en Neda por entender que a medida
era desproporcionada na súa dobre versión de idoneidade e de intervención
mínima -art. 4 en relación co o art. 6 da Lei Orgánica 4/1997-. O MpDC
confía que volva a rexeitarse a solicitude no caso de que se produzca.
A eficacia da videovixiancia
Os estudos internacionais realizados e o estudo realizado pola universidade
de Málaga afirman que non teñen casi efecto disuario. Concretamente, en
Málaga, só se constatou unha unha disminución do 1,9% dos actos vadálicos e
/ou delictivos e, sorprendentemente, que se roubaban mais coches.
Renato Núñez, voceiro do MpDC, afirma que as cámaras crean un efecto
"placebo" de seguriade subxectiva, pero non real, e que alivia a tensión
sobre os políticos pero non milloran a seguridade dos veciños. Nembargantes
pódense usar de forma nefasta, como fixo a Policía Local de Lugo que
utilizaron as cámaras de tráfico para gravar unha parella mantendo relación
sexuais na súa habitación.
http://mpdc.blogspot.com/2010/06/videovixiancia-apenas-disminue-um-19.html
0 comentarios:
Publicar un comentario