Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC celebra que Ferrol retire a Franco da vía pública

Written By MpDC on 18/1/10 | 13:30


O MpDC vén de saber que a estatua do ditador Francisco Franco -que presidía a entrada a Ferrol desde facía décadas- vai ser depositada nun almacén e cuberta por un toldo. Defensa ordenou ao concello que a retirase do patio do Arsenal onde quedou aparcada en 2002 cando o daquela alcalde, Xaime Belo, baixou a Franco do seu pedestal para iniciar a reforma da praza de España, que aínda continúa.

O Concello de Ferrol aplica así a Lei da Memoria Histórica. Deste xeito, e coa posta en práctica desta Lei, exáltase o pluralismo e a defensa pacífica de todas as ideas, artelladas nun Estado social e democrático de dereito con clara vocación integradora.

Como podemos comprobar nos artigos 15 e 16 desta Lei, establécense una serie de medidas en relación cos símbolos e monumentos conmemorativos da Guerra Civil ou da ditadura, sustentadas no principio de evitar toda exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura, no convencemento de que os cidadáns teñen dereito a que así sexa, a que os símbolos públicos sexan ocasión de encontro e non de enfrontamento, ofensa ou agravio.

Borrar todo o que recorde a unha represión da sociedade serviranos para avanzar cara unha sociedade máis plural e en definitiva cunha maior exaltación dos nosos dereitos máis fundamentais. Desde o Movemento polos Dereitos Civís parabenízase ao Concello de Ferrol por dar un paso na máis que necesaria normalidade no que ten que ver coa memoria histórica.

0 comentarios:

Publicar un comentario