O portal Gzvideos denuncia persecución policial
Written By Virgulino on 16/9/09 | 17:16
A nosa Terra - O portal Gzvideos denuncia persecución policial:
En concreto, Gzvideos alerta que unha das súas xornalistas será xulgada por presuntamente berrar “policia asasina” e “torturadores” nunha protesta pola liberdade dos presos independentistas o 24 de xullo de 2008 en Santiago. O portal cualifica de “completamente falsa” tal acusación.
“A nosa compañeira nesta data lembra que fora identificada na Praza de Galiza mentres estaba a
realizar fotografias e videos, diante da pregunta dun antidisturbios de se “era da prensa”, polo que procedeu a ensinarlle a credencial de fotógrafa do Novas da Galiza, medio co que tamén colabora e no que publicou as fotografías realizadas nesta data”, argumenta o colectivo.
O xoves terá lugar unha concentración de apoio ás 9.45 da mañá no Xulgado de Fontiñas “pola defensa da liberdade de expresión” antes do xuízo de faltas ao que se enfronta a cámara.
Gzvideos lembra ademais que outro dos seus reporteiros foi sancionado con 500 euros noutra manifestación. A multa, a raíz dunha manifestación do Foro da Mocidade de Vigo que a Policía considera se celebrou sen permiso, está recorrida. O portal denuncia que a Guardia Civil levou o acusado ao cuartel para interrogalo sobre o funcionamento deste proxecto multimedia nun “intento de suprimir a liberdade de expresión e de información”."
Etiquetas:
Dereito á Liberdade de Expresión,
Dereito das Persoas,
Informe 2007,
Titulares da Prensa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario