Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

QUEN AUTORIZOU A INVESTIGACIÓN SOBRE UNHA REUNIÓN DA PLATAFORMA NOTTA

Written By Virgulino on 26/8/09 | 0:39

Adega demanda pronunciamento dos representantes das Institucións do Estado en Ourense

O pasado sábado, día 22 de agosto, celebrouse en Viana do Bolo unha reunión da Plataforma Non ao Trazado da Liña de Alta Tensión Trives-Aparecida (NOTTA). Era unha máis das diferentes reunións que mantén a Plataforma á que poden sumarse todos os apoios sociais e individuais para salvagardar o dereito á saúde das persoas afectadas
por tan impactante proxecto. A Plataforma leva exercendo o dereito de reunión nos locais que ten a ben de dispor (bares, casas particulares, etc.). Esta reunión , en concreto, celebrouse no baixo do domicilio da Presidenta da Plataforma, Dª Isabel González.

A dita reunión acudiron, ademais dos diferentes afectados polo proxecto, dous membros da asociación de Adega, entre os cales me atopo eu. Non era a primeira vez que somos requeridos para participar nas reunións, levamos apoiando á Plataforma
desde hai un ano aproximadamente, a solicitude dos asistentes e afectados..

O luns, día 25 de agosto, chámanos a Presidenta de NOTTA para comunicarnos que "o domingo, día 23 as nove da noite, presentáronse no seu domicilio dous axentes da Garda Civil para demandar información sobre;

1. Si se celebrara unha reunión da devandita Plataforma no seu domicilio

2. Que persoas acudiran.

3. Que temas se trataran.

A Presidenta da Plataforma non se atopaba na súa vivenda. Outro familiar, tamén membro da Plataforma, negouse a facilitar ese tipo de información, dicíndolle que quen
lle dera ordes a eses funcionarios para facer ese "traballo". Un dos axentes identificouse como Cabo da Garda Civil do posto de Viana dicindo que ninguén lle dera ordes, senón que era unha "práctica que lle ensinaran na Academia da Garda Civil".

O luns, a Presidenta da Plataforma chama a un membro da dirección de Adega para comunicar o ocurrido que cualificou de "alucinante". Este directivo dille que non denuncie nada ata que se fale co Sr. Subdelegado en Ourense do Goberno para pedirlle explicacións sobre o ocurrido.

O señor Subdelegado dixo non ter coñecemento sobre o ocurrido. Entón, a Presidenta de NOTTA presentou denuncia, relatando os feitos acontecidos no seu domicilio o día anterior, diante da Subdelegación do Goberno.

Desde Adega queremos mostrar a nosa cautela a respecto da investigación que se abra sobre estes feitos. A Subdelegación ten unha denuncia enriba da mesa á que debe dar unha resposta para esclarecer os feitos. Axiña se teña información oficial do máximo
representante e competente do Goberno do Estado e máximo coordinador das Forzas
e Corpos de Seguridade do Ministerio do Interior na provincia de Ourense, faremos as oportunas valoracións e esixiremos responsabilidades a quen corresponda sobre estes lamentabeis feitos.

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

1 comentarios:

Publicar un comentario