A entidade local incumpre así de novo a lexislación vixente ao aplicar o silencio ante a solicitude de información por parte de Benigno Sánchez
O Concello de O Grove volve dar unha vez máis mostras do seu total incumprimento da lexislación vixente e dos dereitos das veciñas e veciños deste municipio. Así, segundo informou o Valedor do Pobo ao Movemento polos Dereitos Civís, a entidade local pontevedresa négase a informar á institución dirixida por Benigno Sánchez acerca da instalación de cámaras de videovixianza na Festa do Marisco no ano 2007, así como na Casa da Cultura e no Colexio Rosalía de Castro.
Segundo informar xa o Movemento polos Dereitos Civís noutras ocasións, o concello de O Grove instalara estes dispositivos sen os pertinentes permisos por parte da Delegación do Goberno e non informaba tampouco ás veciñas e aos veciños que circulaban polas inmediacións das cámaras sobre a súa utilización e a gravacións dos mesmos.
Segundo puido coñecer o MpDC, esta entidade local solicitou o permiso pertinente á Axencia de Protección de Datos unha vez instaladas as cámaras, proceder que incorre nunha ilegalidade, coa vulneración do dereito á propia imaxe das persoas que foron gravadas por estes dispositivos.
A día de hoxe, o concello de O Grove aínda non xustificou o emprego deste dispositivos que segundo se indica na Lei, debería respectar os principios de idoneidade e proporcionalidade, axiomas que quedan aquí pouco demostrados.
Queda claro nestes dous casos que o Concello de O Grove semella decidido a continuar empregando a vídeovixilancia de maneira irregular, no total desprezo dos dereitos e liberdades dos seus veciños. A corporación municipal amosa ademais escaso respecto por todas aquelas institucións e axentes sociais que tratan de fiscalizar este uso abusivo e indiscriminado das cámaras de seguridade.
Polo exposto até o momento, o Movemento polos Dereitos Civís continuará pelexando e loitando para que non se vulneren os dereitos dos veciños de O Grove e para que a entidade local explique os motivos da instalacións destes dispositivos e o cumprimento da normativa vixente ao respecto da videovixilancia.
O Concello do Grove continúa sen dar información ao Valedor do Pobo sobre cámaras instalada no municipio
Written By Virgulino on 27/7/09 | 13:50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario